JORNAL DIGITAL REGIONAL CAMINHA 2000 JORNAL DIGITAL REGIONAL CAMINHA 2000

O Rosal presenta unha axenda cultural para febreiro e marzo con propostas para todos os públicos

A programación do Concello inclúe teatro, cine, danza, deporte, regueifas e conferencias

O Rosal despedirá inverno con 10 propostas culturais para o desfrute de toda a veciñanza. O Concello presentou hoxe a axenda para febreiro e marzo cunha oferta moi variada que inclúe teatro, cine, danza, deporte, regueifas e conferencias. A alcaldesa, Ánxela Fernández, destaca que con esta programación "queremos continuar enchendo de cultura os nosos barrios, ao tempo que organizamos outras actividades para dotar de diversidade a axenda, como unha conferencia para reflexionar sobre saúde mental ou unha regueifa feminista".

A axenda arrancará o venres 18 de febreiro ás 19.00 horas coa presentación do segundo volume do disco-libro "Meniños cantores" do alumnado do CPI Suárez Marquier, Lucía Pérez, Andrea Pousa e os alumnos e alumnas do IES Antón Alonso Ríos de Tomiño no Auditorio de Goián.

O sábado 26 de febreiro ás 10.00 horas o Centro Social Polivalente acollerá un encontro co xestor cultural e técnico de cultura do Concello de Ferrol, Marcos Lorenzo, para reflexionar sobre a importancia de fomentar a participación e a creación no eido local. O domingo 27 ás 11.00 horas O Rosal sacará os seus disfraces para festexar o seu desfile de Entroido e ás 19.00 horas o Auditorio Municipal acollerá o concerto de Ialma para homenaxear a Rosalía de Castro no seu día.

A axenda de marzo comezará o sábado día 5 ás 11.00 horas co Trail Muíños do Folón e ás 20.00 horas o Auditorio Municipal enchérase da música da Agrupación Musical do Rosal co seu concerto de Entroido. Ao día seguinte, o domingo 6, ás 18.00 horas, o grupo de danza Xamaraina porá o ritmo tamén no Auditorio.

O martes 8 de marzo, polo Día da Muller, o alumnado de infantil e primaria do CRA María Zambrano e do CPI Suárez Marquier desfrutarán da película "Valentina, só tes que ser ti", e o sábado 12 ás 20.00 horas a Agrupación Musical do Rosal e Fiando Redes organizan o concerto de Natasia Zürcher.

O venres 18 de marzo ás 20.00 horas o Centro Social Polivalente acollerá a charla sobre saúde mental na mocidade da médica psiquiatra e divulgadora científica, Iria Veiga, mentres que o sábado 26 a Asociación Xente Xida e Fiando Redes organizan no Auditorio do Rosal ás 20.00 h unha regueifa en feminino con Alba María e Lupe Blanco.

A axenda rematará o domingo 27 ás 19.00 horas no Auditorio do Rosal coa obra "Ubú Encadeado" da Compañía Non si?.

Concello de O Rosal


O Concello do Rosal convoca tres bolsas de emprego municipal

Será para peón de servizos varios, auxiliar no fogar e oficial de servizos varios

O Concello do Rosal acaba de convocar tres bolsas de emprego, unha de peón de servizos varios, unha de auxiliar no fogar e unha de oficial de servizo varios. A alcaldesa, Ánxela Fernández, destaca que con "elas poderemos garantir a estabilidade destes servizos e asegurar que sexa continuado nestas áreas tan importantes para o funcionamento diario do Concello".

As persoas que desexen participar neste proceso selectivo deberán presentar unha instancia, cuxo modelo estará dispoñible no Rexistro Xeral do Concello e como trámite na Sede Electrónica (https://orosal.sedelectronica.es), xunto ca documentación esixible de acordo cas Bases reguladoras do proceso selectivo.

O prazo de presentación de instancias rematará o vindeiro 21 de febreiro.

Concello de O Rosal


O Rosal rematará as súas Xornadas de Enerxía falando sobre consumo comunitario e alternativas sostibles

O consultor Xosé Manuel Golpe ofrecerá a última charla do ciclo de conferencias o sábado 12 de febreiro ás 11.00 horas no Centro Social Polivalente

O Rosal rematará o vindeiro sábado 12 de febreiro ás 11.00 horas no Centro Social Polivalente as súas "Xornadas de Enerxía" coa charla "Consumo comunitario e alternativas enerxéticas sostibles" do consultor Xosé Manuel Golpe. A entrada é de balde ata completar aforo e o experto reflexionará coa veciñanza sobre o gran potencial das comunidades locais de xerar e consumir enerxía procedente das súas propias fontes renovábeis dunha maneira sostible e respectuosa co medio ambiente.

Esta charla é a última dos tres relatorios que contaron con conferenciantes de relevancia nacional e internacional. A alcaldesa, Ánxela Fernández, destacou "o éxito que tiveron estas charlas" e afirma que "pouco a pouco, continuamos traballando en todos os ámbitos para facer do Rosal un concello máis sostible".

Concello de O Rosal


O Rosal prepara un 2022 cocreando sociedade

Despois do éxito deste proxecto piloto, este luns celebrouse unha reunión co ámbito do Benestar do Concello para seguir dando pasos para impulsar novas accións

O Rosal continúa traballando para facer "do noso municipio un lugar accesible para todos e para todas". Así o asegura a alcaldesa, Ánxela Fernández Callís, que este luns participou nun encontro técnico do proxecto Cocreando Sociedade co ámbito do Benestar do Concello rosaleiro para continuar avanzando en novas accións a realizar durante todo este ano 2022. "Despois da experiencia tan positiva que vivimos o ano pasado no seu arranque, imos seguir reforzando a rede e implicando a máis persoas para levar a cabo novas iniciativas inclusivas ao abeiro deste proxecto piloto participativo e transversal", recalca a rexedora.

Dende o Concello quere agradecerse a implicación de Avelaíña, San Xerome Emiliani, Agrupación Musical do Rosal, A Galiña Azul, CPi Manuel Suárez Marquier, CRA María Zambrano, UD Ribera O Rosal, Acanor Novás Valinox e Club Ciclismo o Rosal, que continuarán colaborando para crear estratexias e iniciativas inclusivas conxuntas ao longo deste ano. Un compromiso que quedará patente tras a creación dun documento de colaboración prevista para este ano e que será asinado por todas as entidades ou a realización dunha fesa de celebración deste compromiso.

Ao longo deste ano 2021 puxéronse en marcha tres iniciativas desenvolvidas cunha metodoloxía grupal e participativa. Unha de inmersión sensorial no que persoas usuarias de San Xerome e Avelaíña puideron gozar do concerto de bandas sonoras da Agrupación Musical do Rosal sentados entre os propios músicos e músicas; visitas guiadas ás asociacións San Xerome e Avelaíña co obxectivo de coñecer mellor o seu labor, ás persoas usuarias e atopar sinerxías de colaboración; e outra de senderismo inclusivo coa adquisición dunha cadeira todo terreo para persoas con mobilidade reducida.

"Tivemos unha valoración moi positiva por parte de todas as persoas que participaron no programa. A experiencia sensorial foi un éxito redondo para todas e todos os seus integrantes pero tamén para o público, que gozou dun clima máxico durante o concerto que envolvía o auditorio. E coñecer de primeira man San Xerome e Avelaíña permitiunos ver como funcionan e visibilizar claramente o abano de posibilidades de colaboración", lembra Fernández Callís.

Ao abeiro do proxecto tamén se creou un mapa de recursos compartidos de todas as entidades participantes e un mapa de necesidades dirixido a analizar cal é o contexto real do Rosal e das súas entidades no marco da inclusión para abordar aquelas actuacións que se detectan como máis urxentes, como a creación de espazos de participación das persoas usuarias sen necesidade de apoio das entidades, formación sobre inclusión ou erradicar o descoñecementos das capacidades.

Os diferentes colectivos continuarán traballando e creando proxectos para os vindeiros 3 anos distribuídos en grupos temáticos que abordarán distintos aspectos. Así, a comisión de deportes afondará en accións como adestramentos compartidos, a participación como adestradores ou axudantes de partidos, a dirección de adestramentos ou partidos informais ou a posta en marcha de actividades semanais que poidan rematar nun partido mixto.

En canto ao grupo de cultura traballará para a posta en marcha de concertos conxuntos entre a Agrupación Musical do Rosal e Xeorock, campamentos conxuntos, roteiros polos barrios da banda formada por persoas da Agrupación Musical e San Xerome ou a repetición da experiencia de inmersión sensorial. Pola súa banda, a comisión de educación abordará un proxecto de aprendizaxe aberto a toda a veciñanza sobre accesibilidade en sitios públicos, traballarán na posta en marcha de xornadas sobre os ODS nos centros escolares da man de persoas usuarias de San Xerome ou sesións de xogos na Galiña Azul, en obradoiros de cerámica en Avelaíña para alumnado do CRA ou a realización do Camiño do Santiago de nenos e nenas do CRA con persoas de San Xerome e Avelaíña.

"Queremos aumentar a participación das persoas con diversidade funcional nas actividades cotiás do tecido asociativo, xerar sinerxías entre todas as entidades implicadas, contar coas propias persoas con diversidade funcional no deseño de actividades e poñer en valor o gran tecido asociativo que temos no Rosal", conclúe a alcaldesa.

Concello de O Rosal




Edições C@2000

Cemitérios de Caminha - Fragmentos de memória
Autor: Lurdes Carreira
Edição: C@2000


Há estórias de casas e casas com história
Externato de Santa Rita de Caminha
Autor: Rita Bouça
Edição: C@2000


República em Tumulto
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000

História Nossa
Crónicas de Tempos Passados
por Terras de Caminha e Âncora
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000

Do Coura se fez luz
Hidroeletricidade, iluminação pública
e política no Alto Minho (1906-1960)"
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000/Afrontamento
Apoiado pela Fundação EDP

Da Monarquia à República no Concelho de Caminha
Crónica Política (1906 - 1913)

Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000


O Estado Novo e outros sonetos políticos satíricos
do poeta caminhense Júlio Baptista (1882 - 1961)

Organização e estudo biográfico do autor por Paulo Torres Bento
Edição: C@2000


Rota dos Lagares de Azeite do Rio Âncora

Autor: Joaquim Vasconcelos
Edição: C@2000


Memórias da Serra d'Arga
Autor: Domingos Cerejeira
Edição: C@2000

Outras Edições Regionais