|
Tomiño abre as inscricións para participar no desfile, "Venres de Foliada"
O Concello establece un mínimo de 10 comparsas inscritas para que se leve a cabo e as agrupacións poden apuntarse dende o luns 24 ata o 31 de xaneiro a través da sede electrónica do Concello
O Concello de Tomiño volverá organizar este ano, se a situación sanitaria o permite, o seu tradicional desfile de comparsas "Venres de Foliada". Será o 25 de febreiro e as agrupacións interesadas en participar poden inscribirse a partir do luns 24 ata o 31 de xaneiro a través da sede electrónica do Concello. A alcaldesa, Sandra González, quere animar a veciñanza "a participar para volver encher de ilusión e diversión as nosas rúas", e lembra que o "Venres de Foliada" "vaise organizar, como facemos sempre, priorizando as medidas de seguridade".
A participación está aberta a todas as asociacións veciñais, culturais, xuvenís, grupos e colexios que se presenten, aínda que terán preferencia para participar as comparsas do concello de Tomiño. Deberán estar formadas por un mínimo de 15 compoñentes, as carrozas participantes non poderán exceder dos 8 metros de longo, 3,5 de ancho e 4,5 de alto e non se admitirán as que leven cabalos.
O Concello compensará economicamente ás comparsas que participen. As que teñen entre 15 e 30 compoñentes e non levan carroza recibirán 100 euros, as que teñen entre 21 e 45, tamén sen carroza, 150 euros, e as que teñan máis de 46 compoñentes e non leven carroza recibirán 200 euros. Mesma cantidade que a que recibirán as de entre 15 e 40 compoñentes e leven carroza. As comparsas de 41 a 60 compoñentes e con carroza recibirán 300,00 €, as que teñen entre 61 e 80 e carroza, 400 euros, e, por último, as que conten con máis de 81 compoñentes e teñan carroza recibirán 500 euros.
Para que o "Venres de Foliada" se celebre deberán participar un mínimo de 10 comparsas. O Concello tamén establece un máximo de 20. Polo que, en caso de que se supere este número de inscricións, establécese unha comisión técnica de avaliación que determinará, tendo en contas os criterios de puntuación das bases, que comparsas participarán.
Tomiño creará unha nova senda para unir a rotonda da Pedra coa nova avenida do Baixo Miño
A actuación recuperará espazo para as persoas coa continuidade de itinerarios peonís e ciclistas
Tomiño continúa a recuperar espazo para as persoas cunha nova intervención. O Concello acaba de licitar a obra para crear unha nova senda que unirá a rotonda da Pedra coa nova avenida do Baixo Miño. Conta cun orzamento de máis de 150 mil euros e consistirá dun percorrido accesible e seguro pola marxe este da estrada actual, e que dará continuidade aos itinerarios peonís e ciclistas desenvoltos coa recente execución da variante de Seixo.
A alcaldesa, Sandra González, destaca que con esta actuación "continúamos fomentando e potenciando a mobilidade sustentable en Tomiño" e explica que a nova senda creará un longo percorrido circular de máis de catro quilómetros ao redor do Seixo para o desfrute da veciñanza. "Sabemos que aos veciños e veciñas de Tomiño utilizaban este traxecto de maneira habitual, polo que con esta nova actuación, pechamos un anel seguro, confortable e accesible para todas as persoas no centro do noso concello", conclúe a alcaldesa.
A obra neste momento está en prazo de licitación pública e o prazo de presentación de ofertas é de 26 días naturais naturais dende a súa publicación no perfil do contratante. Unha vez licitada, o prazo de execución será de catro meses. Esta intervención está financiada polo Plan Concellos da Deputación de Pontevedra
Laura Calvo gaña o concurso "Que é para ti a OMIX de Tomiño"
A debuxo da alumna de 1º de Bacharelato do IES Antón Alonso Ríos será serigrafiado en centos de bolsas de tea
Laura Calvo é a flamante gañadora do concurso "Que é para ti a OMIX de Tomiño". O debuxo da alumna de 1º de Bacharelato do IES Antón Alonso Ríos alzouse co premio xunto unha frase que para ela define a Oficina Municipal de Información Xuvenil, un espazo que traballa na "procura do desenvolvemento da nosa xuventude".
A alcaldesa, Sandra González, destaca o traballo de Laura Calvo e de todas as persoas que participaron neste concurso. "Todas e todos reflexaron moi ben a importancia da OMIX no noso concello", lembra a alcaldesa, ao tempo que engade que agora o debuxo será serigrafiado en centos de bolsas de tea que van ser repartidas entre todo o alumnado do instituto "cunha gran sorpresa e agasallos no interior".
|
|
|
Cemitérios de Caminha - Fragmentos de memória
 |
Autor: Lurdes Carreira
Edição: C@2000
|
Há estórias de casas e casas com história Externato de Santa Rita de Caminha
 |
Autor: Rita Bouça
Edição: C@2000
|
República em Tumulto
 |
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000
|
História Nossa Crónicas de Tempos Passados por Terras de Caminha e Âncora
 |
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000
|
Do Coura se fez luz
Hidroeletricidade, iluminação pública e política no Alto Minho (1906-1960)"
 |
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000/Afrontamento Apoiado pela Fundação EDP
|
Da Monarquia à República no Concelho de Caminha Crónica Política (1906 - 1913)
 |
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000
|
O Estado Novo
e outros sonetos políticos satíricos
do poeta caminhense
Júlio Baptista (1882 - 1961)
 |
Organização e estudo biográfico do autor
por Paulo Torres Bento
Edição: C@2000
|
Rota dos Lagares de Azeite do Rio Âncora
 |
Autor: Joaquim Vasconcelos
Edição: C@2000
|
Memórias da Serra d'Arga
 |
Autor: Domingos Cerejeira
Edição: C@2000
|
Outras Edições Regionais
|