O Concello de Tui e a AECC reforzan a colaboración entre ambas entidades
A Asociación Española Contra o Cancro realizou en 2021 un total de 93 intervencións en Tui
O Concello de Tui e a AECC, Asociación Española Contra o Cancro reforzan a colaboración entre ambas entidades. Así o acordaron esta mañá na reunión mantida na casa do concello polo alcalde, Enrique Cabaleiro, o concelleiro de Servizos Sociais, Ismael Diz, a coordinadora dos Servizos Sociais Municipais, Carmen González e o coordinador de Xuntas Locais da Asociación Española Contra o Cancro en Pontevedra, Telmo José Crespo Tojeiro.
En 2021 a AECC levou a cabo en Tui 93 intervencións das que 21 foron de atención social coma reparto de alimentos, orientación e información, axudas económicas, préstamo de material ortoprotésico como cadeiras de rodas, perrucas, andadores, etc, inserción laboral… e 72 de Atención Psicosocial a Enfermos/as Avanzados/as en final de vida e aos seus familiares.
No encontro desta maña na casa do concello presentáronse e analizáronse estes datos, ao tempo que se fixo un seguimento dos programas postos en marcha en Tui. Tamén estudaron novas liñas de traballo conxuntas a desenvolver ao longo dos próximos meses, reforzando así os lazos de actuación entre ambas entidades. As actividades previstas se irán dando a coñecer nas próxima semanas.
Cómpre lembrar que a Asociación Española Contra o Cancro ofrece os servizos de: atención social, atención psicolóxica, voluntariado, logopedia, asesoramento médico sanitario e xurídico, atención en final de vida e dó. Tamén realiza talleres grupais a pacientes de cancro e o seu entorno.
O Concello de Tui investiu 30 mil euros de fondos propios en obras de reforma do Pavillón Deportivo Municipal Vello
O alcalde e membros da corporación visitaron onte á tarde estas instalacións
O Concello de Tui vén de investir ao redor de 30 mil euros en obras de mantemento no Pavillón Deportivo Municipal Vello. O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, o concelleiro de Deportes, Rafael Estévez, e outros membros da corporación municipal, visitaron onte á tarde as instalacións tras a reforma realizada. No momento da visita estaban a adestrar distintas categorías do Club Baloncesto Tui. Este é un dos clubs que adestra e compite nestas instalacións xunto a A Quinta de Tui F.S. e o C.D. Tui F.S. Deste xeito puideron comprobar as tarefas de mantemento realizadas durante os meses de novembro e decembro do ano pasado.
En concreto levouse a cabo o pintado interior das paredes e columnas, o forrado con paneis de madeira da parede lateral e frontal da pista, o pintado de varandas e chan, así como o pulido, vernizado e pintado do pavimento deportivo de madeira.
Estes labores foron realizados por persoal propio do concello e por unha empresa especializada en mantemento de pavimentos deportivos de madeira.
Con estas reformas, xunto coas xa realizadas de mellora dos vestiarios, subvencionadas polo Plan Concellos da Deputación de Pontevedra e a substitución da iluminación a focos leds, realizada tamén con fondos propios do concello, quedaría unicamente o pintado exterior, así como o arranxo da fachada principal, tarefas que, en palabras do alcalde de Tui, se realizarán neste ano 2022, unha vez solicitados os permisos pertinentes.
Cómpre lembrar que esta instalación ten un elevado grao de utilización, dado que de luns a venres, de 09.30 ás 14.30 horas alberga as clases de Educación Física dos CEIPS Nº1 e Nº2 de Tui, e dende as 16.00 ata as 23.30 horas adestran nas mesmas os clubs deportivos tudenses de baloncesto e fútbol sala. Durante as fins de semana, acolle os partidos federados, chegando a disputarse máis de 10 partidos nunha mesma fin de semana en máis dunha ocasión.
Deste xeito vaise cumprindo cun dos obxectivos marcados para este mandato polo concelleiro de Deportes, Rafael Estévez, coma é ter as instalacións deportivas municipais á altura dos clubs deportivos e dos deportistas tudenses.
A Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Tui realizou 242 servizos en 2021
Accidentes de tráfico e incidencias na circulación, eventos culturais e deportivos, animais soltos e servizos sanitarios foron as intervencións máis numerosas
A Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Tui realizou ao longo do 2021 un total de 242 servizos empregando nos mesmos 1.583 horas. A súa intervención foi requirida a través do 112, da Policía Local, do Concello ou entidades locais. Os voluntarios da agrupación, pese a non estar operativos ao 100%, foron quen de acudir ao 75% dos servizos solicitados.
Os accidentes de tráfico e incidencias de circulación centraron a meirande parte dos servizos con 62 e 30 intervencións. Amais membros de Protección Civil colaboraron o ano pasado en 28 eventos culturais e 27 eventos deportivos. Foi requirida a súa intervención en 22 ocasións pola presenza de animais soltos, e en 21 ocasións por incidencias varias. Ao longo dos últimos 12 meses dende Protección Civil de Tui realizaron 20 servizos sanitarios, acudiron a 13 incendios urbanos e 4 forestais, así coma a 7 accidentes laborais. Tamén acudiron en 5 ocasións a retirar árbores caídas e colaboraron na busca de 3 persoas desaparecidas.
Por outra parte cómpre destacar o evento solidario organizado pola Agrupación de Voluntarios de Protección Civil a favor de SOS Tomiño Baixo Miño no Teatro Municipal no mes de decembro no que recolleron 3,1 toneladas de alimentos non perecedoiros.
Dende o Concello de Tui quérese amosar o agradecemento a todas as persoas voluntarias que integran esta Agrupación polo seu labor solidario e altruísta. Así o concelleiro de Seguridade, José Ramón Magán, destaca a gratitude á este colectivo "polos seus desvelos en actuacións dirixidas a evitar danos e perigos para os cidadáns, sendo conscientes pola nosa parte que isto implica un indubidable sacrificio persoal".
A Biblioteca Municipal de Tui realizou o ano pasado 10.255 préstamos de 3.881 obras a 759 usuarios
A Biblioteca Pública Municipal de Tui realizou ao longo do pasado ano 2021 un total de 10.255 préstamos de libros (cunha media de 852 préstamos ao mes) dun total de 3.881 obras e que foron emprestadas por un total de 759 usuarios da Biblioteca tudense.
Esta cifra supón un notable incremento con relación aos datos do pasado ano que por mor dos efectos do confinamento e demais medidas restritivas unicamente acadaron os 4.545 préstamos.
A Biblioteca Municipal tudense conta na actualidade con 32.464 volumes, o que supón unha cifra en torno ao 1,8 volumes por habitante do concello, que está moi próximo ás recomendación da IFLA para localidades coa nosa poboación que determinan 2 volumes/habitante.
Ao longo do pasado ano 2021 esta colección bibliográfica foi enriquecida e actualizada con 1.164 novas obras. A súa procedencia é tripla: con fondos propios do Concello de Tui, coas achegas da Consellería de Cultura Educación e Universidade da Xunta de Galicia e coas doazón de usuarios e cidadáns. Paralelamente a Biblioteca expurgou un total de 1.427 volumes debido ao seu deterioro ou por ter un contido obsoleto.
O acceso á Biblioteca é libre e gratuíto para calquera persoa, unicamente cómpre ser "socio" ou "usuario" de calquera biblioteca da Rede de Bibliotecas de Galicia para acceder ao servizo de préstamo a domicilio ou ao servizo de "Galicia le", a plataforma de préstamos de libros electrónicos da Rede de Bibliotecas de Galicia. Na actualidade a Biblioteca Municipal tudense conta 3.881 usuarios, ao longo do pasado ano se incorporaron a este servizo 145 novos usuarios adultos e 119 usuarios infantís. Deste conxunto de usuarios, 759 fixeron uso do servizo de préstamo de libros: 447 adultos e 312 infantís.
Día dos usuarios das bibliotecas
A 11 de xaneiro, celébrou-se o "Día dos usuarios das bibliotecas" e para conmemorar esta xornada "foram reconhecidos os" principais protagonistas da actividade bibliotecaria dende a Biblioteca Municipal de Tui organizan dúas sinxelas actividades:
Entre todos os usuarios desa xornada realizarase un sorteo de senllos lotes de libros para adultos e para nenos.
"Teve" lugar a entrega dos diplomas de lectores de honra do ano 2021 aos tres lectores, en adultos e infantil, que máis préstamos teñen retirado da Biblioteca ao longo do pasado ano. "Este acto contou" coa presenza da concelleira de ensino e cultura do Concello de Tui, Sonsoles Vicente Solla.
|