JORNAL DIGITAL REGIONAL CAMINHA 2000 JORNAL DIGITAL REGIONAL CAMINHA 2000

Alumnado do Obradoiro de Emprego de Promoción Turística da Guarda visitan o Castro de Santa Trega

Alumnado do Obradoiro de Emprego Manuel B. Portela VII na súa sección formativa de promoción turística local e información ao visitante, veñen de realizar sendas visitas ao Castro de Santa Trega e a unha das vivendas indianas da nosa vila.

Trátase dunha das primeiras saídas de campo que realiza este grupo de 10 alumnos que iniciou a súa formación a finais de outubro do ano pasado na Guarda.

A saída formativa incluíu unha visita guiada que foi levada a cabo por Manuel Álvarez Pérez, guía turístico oficial que traballa habitualmente para o Concello da Guarda.

Realizouse un itinerario cunha duración de case 3 horas, xa que o contido e as explicacións tiñan como obxectivo principal facer traballo de campo, que ven a complementar o estudo e inventario dos recursos realizado na aula. Os participantes observaron aspectos do monte dende o punto de vista paisaxístico, recreativo, histórico e forestal. Realizáronse fotografías de miradoiros, áreas recreativas e paisaxes.

Por outra banda tamén tiveron a oportunidade de visitar unha das vivendas indianas existentes na vila, casa coñecida como "Casa de Don Eloy Domínguez Veiga", situada na Avenida de Galicia. Esta actividade, que supuxo unha oportunidade única, tivo unha duración de hora e media, e realizouse un percorrido polo exterior na zona axardinada, e un percorrido por todas as estancias do interior.

Formación Dual

Todas as persoas que participan no obradoiro benefícianse dunha formación específica durante nove meses, realizando ademais traballos e servizos de interese xeral e público a prol da sociedade incluídos en cada proxecto, e ademais poden optar a prácticas en empresas da contorna ao remate do obradoiro.

Trátase dun programa de formación moderno, dual, orientado a desempregados, para mellorar a súa empregabilidade, posibilidades de futuro e inserción laboral, que ademais van recibir unha remuneración durante nove meses. Esta formación contribuirá tanto ao seu beneficio persoal, mellorando a súa capacitación, como ao da comunidade.

Concello de A Guarda


O Concello da Guarda ilumínase de cor verde polo Día de Perthes

O Concello da Guarda únese ás reivindicacións das familias con Perthes para visibilizar esta doenza que afecta a moitos nenos e nenas, provocando deformidades de xeito permanente e problemas de cadeira.

A enfermidade de Perthes, tamén chamada Legg-Calvé-Perthes, afecta á cadeira dos nenos e nenas, producindo unha destrución de parte do oso da cabeza do fémur ou a "bola" da cadeira. O organismo pode rexenerar completamente este oso ou facelo só de forma parcial e provocar unha deformidade permanente.

O 17 de xaneiro de 1869 nacía en Alemaña George Perthes, o primeiro paciente ao que se lle detectou oficialmente esta doenza, elixindo esta data para conmemorar o Día de Perthes.

O obxectivo de moitos colectivos vinculados a esta enfermidade é o de dar a coñecela e chegar ás familias con nenos e nenos que a padecen, así coma aos adultos que sofren as súas secuelas.

Concello de A Guarda


O BNG GARANTIZA A REFORMA INTEGRAL DO PAVILLÓN DA SANGRIÑA

Anxo Baz: " Votaremos a favor porque así solucionamos os enormes problemas do pavillón"

O proxecto de ampliación e reforma do Pavillón da Sangriña contou no seu momento co apoio do BNG para poder optar a unha subvención oficial de 600.000 euros. Desde ese momento, o BNG, xestionou coas entidades deportivas guardesas e coa dirección do CEIP da Sangriña a recollida de achegas para trasladarllas ao goberno local e ao equipo redactor do proxecto co fin de mellorar o proxecto.

O portavoz municipal do BNG, Anxo Baz, manifestou que "o proxecto inicial, como dixemos no seu día, precisaba modificacións. O resultado final é moi satisfactorio, polo que o BNG, votará a favor da modificación do proxecto para ampliar e reformar o pavillón da Sangriña. É unha reforma integral que soluciona as múltiples carencias que presenta esta infraestrutura".

O nacionalista fixo un repaso dos aspectos máis destacados deste proxecto entre os que destaca o aumento do aforo de 472 a 700 prazas en grada, a substitución da cuberta e renovación de fachadas, a creación dunha zona para persoas con mobilidade reducida, o cumprimento das normativas de accesibilidade, de aforro e eficiencia enerxética, garantías de evacuación en caso de necesidade, sistema de ventilación para evitar a condensación e a ampliación do espazo total en perto de 400 m2, de 1.774 a 2.154 m2".

Anxo Baz fixo referencia tamén ao "lamentábel papel xogado neste proceso polo PP votando en contra da subvención oficial de 600.000 euros que fai posíbel levar adiante esta obra e tratando de confundir á opinión pública cun novo pavillón, cando saben que o Concello non dispón de terreos para tal fin. O PP, coa colaboración do concelleiro de CG, tratou de torpedear un proxecto de mellora que necesita o pobo da Guarda. Evidencia así a súa negatividade e inutilidade para resolver os problemas da veciñanza do noso concello'.

Anxo Baz rematou dicindo que "resulta lamentábel non poder dispoñer de terreos para instalacións deportivas ou para construír un auditorio municipal, porque nin os gobernos do Psoe nin do PP traballaron en facer as modificacións necesarias do Plan Xeral para dotarnos de chan para equipamento público. O BNG está comprometido en resolver este problema que máis cedo que tarde, debemos solucionar".

BNG de A Guarda


O concello da Guarda continúa traballando a prol da igualdade de xénero

No dia de hoxe o Concello da Guarda adheriuse ao "Manifesto de Soutomaior, declaración de mulleres autoras e editoras galegas", que reclama dereitos para as mulleres, neste caso para as mulleres da cultura e das letras.

O Día das Escritoras é unha conmemoración iniciada en España en outubro de 2016 e promovida por Clásicas e Modernas, asociación para a igualdade de xénero na cultura, para recuperar o legado das mulleres autoras e editoras e facer visible o traballo delas na literatura e combater a discriminación sufrida ao longo da historia.

O pasado 8 de novembro de 2021 a Deputación de Pontevedra uniuse ao festexo desta sexta edición e conmemorou este día no Castelo de Soutomaior cunha xuntanza de mulleres, autoras e editoras galegas, e xestoras públicas da Deputación.

Tras a celebración, os faladoiros e as reflexións, o debate concluíu coa sinatura dun manifesto histórico, denominado Manifesto de Soutomaior, que toma como exemplo o modelo do manifesto Séneca Falls do século XIX porque inclúe doce decisións, o motor de traballo futuro para conseguir a igualdade.

Desde o Concello sumámonos a este Manifesto e reclamamos así mesmo dereitos para as mulleres, neste caso para as mulleres da cultura e letras, nas que tamén existe a fenda de xénero, e comprometémonos a poñer en marcha iniciativas en prol de acadar a igualdade neste eido no que a situación das autoras e editoras é aínda desalentadora.

Concello de A Guarda


Alumnado do Obradoiro de Emprego de Promoción Turística da Guarda visitan o Castro de Santa Trega

Alumnado do Obradoiro de Emprego Manuel B. Portela VII na súa sección formativa de promoción turística local e información ao visitante, veñen de realizar sendas visitas ao Castro de Santa Trega e a unha das vivendas indianas da nosa vila.

Trátase dunha das primeiras saídas de campo que realiza este grupo de 10 alumnos que iniciou a súa formación a finais de outubro do ano pasado na Guarda.

A saída formativa incluíu unha visita guiada que foi levada a cabo por Manuel Álvarez Pérez, guía turístico oficial que traballa habitualmente para o Concello da Guarda.

Realizouse un itinerario cunha duración de case 3 horas, xa que o contido e as explicacións tiñan como obxectivo principal facer traballo de campo, que ven a complementar o estudo e inventario dos recursos realizado na aula. Os participantes observaron aspectos do monte dende o punto de vista paisaxístico, recreativo, histórico e forestal. Realizáronse fotografías de miradoiros, áreas recreativas e paisaxes.

Por outra banda tamén tiveron a oportunidade de visitar unha das vivendas indianas existentes na vila, casa coñecida como "Casa de Don Eloy Domínguez Veiga", situada na Avenida de Galicia. Esta actividade, que supuxo unha oportunidade única, tivo unha duración de hora e media, e realizouse un percorrido polo exterior na zona axardinada, e un percorrido por todas as estancias do interior.

Formación Dual

Todas as persoas que participan no obradoiro benefícianse dunha formación específica durante nove meses, realizando ademais traballos e servizos de interese xeral e público a prol da sociedade incluídos en cada proxecto, e ademais poden optar a prácticas en empresas da contorna ao remate do obradoiro.

Trátase dun programa de formación moderno, dual, orientado a desempregados, para mellorar a súa empregabilidade, posibilidades de futuro e inserción laboral, que ademais van recibir unha remuneración durante nove meses. Esta formación contribuirá tanto ao seu beneficio persoal, mellorando a súa capacitación, como ao da comunidade.

Concello de A Guarda


A Guarda acolle dous obradoiros dirixidos a mulleres emprendedoras

" Os obradoiros realízanse grazas a un convenio entre o Concello da Guarda e a Fundación Cibervoluntarios e son de carácter gratuíto.

O Concello da Guarda abre o prazo de inscricións para dous obradoiros que terán lugar os días 20 e 27 de xaneiro en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios e dirixidos a mulleres emprendedoras.

Os obradoiros realizaranse de xeito online a través da plataforma zoom, polo que tan só é preciso dispor un dispositivo tipo PC, smartphone ou tablet.

Ofértanse dous obradoiros, un de nivel básico sobre "Transformación dixital" e outro de nivel intermedio sobre "Cómo crear anuncios en Facebook e Instagram".

No Obradoiro sobre "Transformación Dixital" traballarase sobre que é Transformación dixital, creación de perfís Business en Facebook e Instagram, a importancia da presenza en redes sociais, as súas vantaxes, a diferencias existentes entre grupos, páxinas e perfís privados en Facebook, como crear contidos atractivos e de valor en redes sociais, formatos, encadres e consellos, creación de stories e lives, ferramentas gratuítas existentes e casos de éxito. Terá lugar o xoves día 20 de xaneiro en horario de 19:00h a 20:30h.

No Obradoiro sobre "Cómo crear anuncios en Facebook e Instagram" falarase da creación de anuncios en Facebook e Instagram, a planificación de publicacións, como facer contidos máis impactantes, consellos para Facebook e Instagram, vantaxes dos anuncios, definir obxectivos, lugares, formatos e presupostos, administración e segmentación de anuncios e rendementos, tipos de audiencias e tipos de segmentacións, ferramentas, casos de éxito, entre outros. Terá lugar o xoves día 27 de xaneiro en horario de 19:00h a 20:30h.

As inscricións están xa abertas remitindo un correo electrónico a muller@aguarda.es ou chamando ao CIM ao tel. 986 614 648 indicando o nome, apelidos, teléfono e correo electrónico.

Concello de A Guarda


A Guarda premia aos mellores lectores no Día das persoas usuarias das Bibliotecas

O martes día 11 de xaneiro celebrouse o "Día das persoas usuarias das Bibliotecas" e dende a Biblioteca Pública Municipal da Guarda fíxose entrega dun diploma e libros de agasallo para os mellores lectores do pasado ano nas categorías adulto, xuvenil e infantil.

As persoas premiadas foron Consuelo González Iglesias, como mellor lectora adulta con 109 libros; Davi Sieves, co premio ao mellor lector xuvenil con 30 libros; e Mateo Alonso Álvarez, mellor lector na categoría infantil con 97 libros solicitados en préstamo.

Recibiron da man do alcalde da Guarda, Antonio Lomba, un diploma que da conta da súa condición de usuarios e lectores asiduos, e da concelleira de Cultura, Montserrat Magallanes, un lote de libros adaptados ao seu perfil lector.

Ademais, as persoas que se achegaron á Biblioteca durante o día, recibiron como agasallo unha bolsa de tea cun deseño exclusivo e o lema "Un libro, un mar cheo de ideas"

A Biblioteca Pública Municipal da Guarda forma parte da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia e dentro do ranking de libros máis lidos atopamos:

LIBROS MÁIS EMPRESTADOS NO ANO 2021. INFANTIL

Ï Una cena monstruosa. Meritxell Martí, Xavier Salomó.

Ï El monstruo de colores va al cole. Anna Llenas.

Ï Daniela y las chicas pirata. Susanna Isern & Gómez

Ï ¡Calvin, ten cuidado! : el pájaro ratón de biblioteca necesita gafas. Jennifer Berne

Ï Diario de un aldeano megapringao. Cube Kid

Ï Rapunzel con piollos. El Hematocrítico.

Ï Daniela Pirata. Susanna Isern & Gómez.

Ï La isla del abuelo. Benji Davies.

Ï Las Ratitas: Tres, dos, uno... ¡superpoderes!. Claudia Itarte.

Ï Elmer e o osiño perdido. David MacKee

LIBROS MÁIS EMPRESTADOS NO ANO 2021. ADULTOS

Ï La chica de nieve. Javier Castillo.

Ï Rey Blanco. Juan Gómez-Jurado.

Ï La red púrpura. Carmen Mola.

Ï Tierra. Eloy Moreno.

Ï El infinito en un junco. Irene Vallejo.

Ï El arte de engañar al karma. Elísabet Benavent.

Ï La novia gitana. Carmen Mola.

Ï El corazón con que vivo. José María Pérez "Peridis".

Ï Un océano para llegar a ti. Sandra Barneda.

Ï Invisible. Eloy Moreno.

Concello de A Guarda


Servizos Sociais abre proceso extraordinario para cubrir 4 prazas na Escola Infantil Municipal da Guarda

O Departamento de Servizos Sociais do Concello da Guarda informa de que a Escola Infantil Municipal abrirá o próximo venres día 14 de xaneiro do 2022 un proceso EXTRAORDINARIO para cubrir as seguintes prazas:

-Aula de 0-1 anos: 2 prazas a xornada de tarde

-Aula de 2-3 anos: 2 prazas a xornada de tarde

Os pais/nais ou titores dos nenos/as interesados deberán presentar a solicitude do 14 ao 20 de xaneiro.

Para maior información dirixirse o Departamento de servizos sociais do concello da Guarda en horario de 9:00h a 14:00h.

Concello de A Guarda


A Concellaría de Turismo da Guarda e o grupo de fotógrafos Capturando A Guarda editan o calendario fotográfico para 2022

" Hai dispoñibles 4.000 exemplares e poderán recollerse na Oficina de Turismo e na Casa dos Alonso.

A Guarda conta cunha paisaxe e patrimonio destacada e moitos visitantes desfrutan fotografando para gardar esa imaxe no seu recordo.

Como primeira acción de promoción turística para este novo ano acordouse realizar un calendario fotográfico onde as fotos sexan as protagonistas.

Na selección das fotografías procurouse manter a temática da auga e do mar como elemento unificador, sen esquecerse do noso patrimonio e as festas.

As fotografías foron aportadas por tres veciños que comezaron a colaborar co Concello. Na primavera de 2021 mativeronse contactos con fotógrafos afeccionados e veciños da Guarda para mellorar imaxe fotográfica e ofrecer novas panorámicas co estilo propio deste veciños.

Despois destas conversas acordouse a creación do Grupo Capturando A Guarda e que está intregado por Lecio Alonso, Dionioso Ameal e Emilio Baz.

A finalidade deste grupo é que A Guarda mellorará a súa imaxe turística nas diferentes actuacións e accións promocionais e os tres fotógrafos afeccionados poderán dar a coñecer a súas fotos, que estarán identificadas co nome de seu autor e co agradecemento como Grupo Capturando A Guarda.

Na tardiña do luns 10 de xaneiro formalizouse a colaboración conxunta coa sinatura do contrato de cesión de fotografías entre o Alcalde, Antonio Lomba, e os integrantes do Grupo Capturando A Guarda, Lecio Alonso, Dionioso Ameal e Emilio Baz

Neste acto tamén estivo presente o Concelleiro de Turismo, Rafa Álvarez, que aproveitou para presentar ao Grupo Capturando A Guarda e tamén ao calendario fotográfico como a súa primeira participación dentro do proxecto para a renovación imaxe fotográfica da nosa vila.

O calendario fotográfico Concello da Guarda será distribuído entre veciños, visitantes e turistas para que leven un cachiño impreso do noso paisaxe. Hai dispoñibles 4.000 exemplares e poderán recollerse na Oficina de Turismo e na Casa dos Alonso.

Concello de A Guarda




Edições C@2000

Cemitérios de Caminha - Fragmentos de memória
Autor: Lurdes Carreira
Edição: C@2000


Há estórias de casas e casas com história
Externato de Santa Rita de Caminha
Autor: Rita Bouça
Edição: C@2000


República em Tumulto
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000

História Nossa
Crónicas de Tempos Passados
por Terras de Caminha e Âncora
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000

Do Coura se fez luz
Hidroeletricidade, iluminação pública
e política no Alto Minho (1906-1960)"
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000/Afrontamento
Apoiado pela Fundação EDP

Da Monarquia à República no Concelho de Caminha
Crónica Política (1906 - 1913)

Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000


O Estado Novo e outros sonetos políticos satíricos
do poeta caminhense Júlio Baptista (1882 - 1961)

Organização e estudo biográfico do autor por Paulo Torres Bento
Edição: C@2000


Rota dos Lagares de Azeite do Rio Âncora

Autor: Joaquim Vasconcelos
Edição: C@2000


Memórias da Serra d'Arga
Autor: Domingos Cerejeira
Edição: C@2000

Outras Edições Regionais