JORNAL DIGITAL REGIONAL CAMINHA 2000 JORNAL DIGITAL REGIONAL CAMINHA 2000

Horario semanal transbordador ferry boat

Concello de A Guarda


A PLATAFORMA EN DEFENSA DA SANIDADE PÚBLICA DA GUARDA CHAMA A MOBILIZARSE NOVAMENTE CONTRA O DETERIORO DA ATENCIÓN PRIMARIA

A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Guarda, xunto co resto das plataformas en defensa da sanidade pública da Área Sanitaria de Vigo, súmase á manifestación convocada pola Xunta de Persoal da Área Sanitaria de Vigo diante do perigo a que está sometida a atención primaria pola falta de persoal e medios.

A atención sanitaria na Guarda durante o verán e tamén nesta quincena é un exemplo claro do que está pasando en toda a área sanitaria e no conxunto do país. A Consellaría de Sanidade da Xunta de Galiza sigue sen cubrir as vacacións e as baixas do persoal sanitario. Por mor desta situación a día de hoxe temos tres médic@s d@s 8 que nos corresponden.

Estes son motivos de peso maís que suficientes para sumarnos a esta manifestación que se celebrará o xoves 30 de setembro ás 20h desde o PAC de Vigo na rúa Pizarro.

Desde a Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Guarda artellaremos transporte público para desprazarnos a Vigo. Tod@s aqueles que o desexen poden anotarse no tfno. 986-610465.

Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Guarda


Ler Conta Moito trae á Biblioteca Pública Municipal da Guarda "Entre o caravel e a rosa"

" Trátase de Contos escollidos de Emilia Pardo Bazán, terá lugar o venres 1 de outubro ás 20:30h no Salón de Actos do Centro Cultural

" Inscricións en aguarda.rbgalicia@eidolocal.es

A Biblioteca Pública Municipal da Guarda organiza o vindeiro venres día 1 de outubro ás 20:30h o espectáculo de animación á lectura para adultos, "Entre o caravel e a rosa-Contos escollidos de Emilia Pardo Bazán" de Soledad Felloza, enmarcado no programa Ler Conta Moito da Xunta de Galicia coa colaboración do Concello da Guarda.

"Entre o caravel e a rosa, mala nai, mala esposa Emilia Pardo Bazán". Así cantaban as coplas no Madrid que veu a dona Emilia loitar por un lugar no Ateneo, nas tertulias, na Biblioteca Nacional. Neste espectáculo contaremos historias que amosan a esencia solidaria, dunha das máis grandes mulleres da literatura universal co gallo da celebración do seu centenario.

Soledad Felloza é actriz, contadora de historias, fotógrafa, escritora e dramaturga, directora do Festival Internacional de Narración Oral Atlántica, con sede en Galicia.

Autora de varias publicacións infantís como A Cociñeira do rei (OQO, 2015) Premio Europeo de Narración Oral ao Mellor conto para nenas e nenos. Traducido ao portugués, polaco, e linguas oficias de España. La Vuelta al mundo (La Fragatina, 2017) Castelán e tradución ao italiano.

Columnista invitada en diferentes publicacións literarias e de teatro: Tantágora, Aedo, Clij, Primer Acto.

Soledad Felloza ten grande experiencia na docencia, práctica da narración oral e campañas de animación á lectura en bibliotecas.

Participa desde o ano 2002 no Circuíto de Artes Escénicas de Aragón, Navarra, Castela A Mancha e Málaga, con Festivais de Narración Oral de América Latina e Europa.

O seu labor fíxoa merecedora de varios premios en diversos eidos.

Concello de A Guarda


A Guarda conmemora o Día Mundial do Turismo con visitas guiadas especiais ao castro de Santa Trega

" Estas visitas especiais, de carácter gratuíto e con inscrición previa, terán lugar o sábado 25 e domingo 26 de setembro con dúas citas: ás 11:00 e ás 12:30h.

O luns día 27 de setembro celebrase o Día Mundial de Turismo e a Concellería de Turismo do Concello da Guarda aposta novamente polas visitas guiadas para conmemorar esta cita.

Despois dun verán con visitas guiadas no Monte Santa Trega volvese a ofertar este servizo pero nesta ocasión as visitas guiadas estarán centradas nas áreas escavadas dende o norte ao sur.

Para ofrecer unha visión máis ampla da zona escavada vaise realizar un percorrido completo dende porta norte ata a porta sur, recorrendo as diferentes áreas escavadas ao longo dos últimos cen anos como as vivendas reconstruídas, a zona de Mergelina, o concheiro,...

Estas visitas especiais terán lugar o sábado 25 e sábado 26 de setembro con dúas citas: ás 11:00 e ás 12:30h. As prazas están limitadas polo que precisan de inscrición previa no Museo Arqueolóxico no tel. 690.01.70.38 (tamén WhapsApp) ou un mail a masat@aguarda.es. A visita guiada é gratuíta pero aqueles que accedan ao Monte Santa Trega en vehículo deberán abonar o prezo público.

A duración aproximada é 60 minutos e o punto de encontro é o aparcadoiro da Casa Forestal desde onde se partirá para comezar esta fermosa ruta polo interior do castro escavado.

Concello de A Guarda


Aberto o prazo de inscrición nas DEPOrtescolas 2021-22

" É un programa deportivo gratuíto da Deputación de Pontevedra coas modalidades de Atletismo, baloncesto, balonmán, judo, loita, patinaxe, piragüismo, rugby e taekwondo.

Este luns día 20 de setembro se abriu o prazo de inscrición nas "DEPOrte Escolas", un programa deportivo gratuíto da Deputación de Pontevedra en colaboración e coordinación coas federacións deportivas para contribuír ao desenvolvemento e fomento da actividade deportiva en idade escolar.

Modalidades de "DEPOrte Escolas"

No caso da Guarda ofértanse as modalidades de Atletismo, baloncesto, balonmán e patinaxe.

Nenas e nenos destinatarios

A única condición que tes que cumprir é ter moitas ganas de pasalo ben practicando a túa modalidade deportiva preferida.

As escolas estarán destinadas a nenas e nenos en idade escolar de toda a provincia de Pontevedra.

Busca a modalidade deportiva e as súas características técnicas e apúntate.

Formalización da inscrición

A solicitude de inscrición deberá realizarse preferentemente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na Sede electrónica da Deputación de Pontevedra (https://sede.depo.gal).

Para a presentación da inscrición, a Sede electrónica da Deputación de Pontevedra admite os certificados electrónicos do sistema Cl@ve, que contempla a utilización de sistemas de identificación baseados en claves concertadas (sistemas de usuario e contrasinal) e certificados electrónicos (incluído o DNIe).

Opcionalmente, poderá presentarse a inscrición de forma presencial en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Prazo de presentación de solicitudes

Abriranse dous prazos para a presentación de solicitudes:

1.º prazo de presentación das solicitudes será de 10 días hábiles a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO 20/09/2021).

Unha vez finalizado o prazo de inscrición poderanse consultar as listas na páxina web; a selección das prazas levarase a cabo por orde de rexistro de entrada.

2.º prazo de presentación de solicitudes será desde 01 de novembro ata o 30 de novembro.

Unha vez finalizado o prazo de inscrición poderanse consultar as listas na páxina web.

Comezo das "DEPOrte Escolas"

As "DEPOrte Escolas" comezarán a partir do mércores 13 de outubro no día e no horario correspondente a cada escola, agás a escola de piragüismo.

MODALIDADES DEPORTIVAS NA GUARDA:

Concello de A Guarda




Edições C@2000

Cemitérios de Caminha - Fragmentos de memória
Autor: Lurdes Carreira
Edição: C@2000


Há estórias de casas e casas com história
Externato de Santa Rita de Caminha
Autor: Rita Bouça
Edição: C@2000


República em Tumulto
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000

História Nossa
Crónicas de Tempos Passados
por Terras de Caminha e Âncora
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000

Do Coura se fez luz
Hidroeletricidade, iluminação pública
e política no Alto Minho (1906-1960)"
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000/Afrontamento
Apoiado pela Fundação EDP

Da Monarquia à República no Concelho de Caminha
Crónica Política (1906 - 1913)

Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000


O Estado Novo e outros sonetos políticos satíricos
do poeta caminhense Júlio Baptista (1882 - 1961)

Organização e estudo biográfico do autor por Paulo Torres Bento
Edição: C@2000


Rota dos Lagares de Azeite do Rio Âncora

Autor: Joaquim Vasconcelos
Edição: C@2000


Memórias da Serra d'Arga
Autor: Domingos Cerejeira
Edição: C@2000

Outras Edições Regionais