JORNAL DIGITAL REGIONAL CAMINHA 2000 JORNAL DIGITAL REGIONAL CAMINHA 2000

"Valença e Tui con historia…" é o título do calendario da Eurocidade Tui-Valença para 2021

Está ilustrado coas pinturas realizadas en acuarela polo artista portugués Antonio Nunes

A Eurocidade Tui-Valença vén de editar o calendario de 2021 co título "Valença e Tui con historia…" ilustrado polo artista portugués Antonio Nunes.

Ao longo dos doce meses do ano pódese facer un percorrido pola Praça da República e o Edificio dos Paços, a capela de San Teotonio, o Monte do Faro e a Capela de Santa Ana, a Igrexa de Santa María dos Anjos, e Fortaleza e a igrexa de Santo Estevao, e a Estación ferroviaria de Valença e pola a vella Ponte Internacional, a capela de San Telmo, o centro de Interpretación do Parque Natural do Monte Aloia, o Paseo da Corredoira de Tui, a Igrexa de San Domingos e a Catedral de Tui.

Os calendarios distribuiranse dende o luns, 21 de decembro, e até fin de existencias, na casa do concello a cambio de alimentos non perecedoiros. Todos os alimentos entregados serán logo distribuídos polos Servizos Sociais Comunitarios do Concello de Tui e SOS Tomiño Baixo Miño. Agradécese principalmente a entrega de conservas de froitas, legumes ou peixe e produtos de Nadal…

Concello Tui


En xaneiro comezará en Tui un novo curso de Deshabituación Tabáquica

Nesta ocasión ofértanse só 8 prazas, debido ás medidas de prevención ante a COVID19

O departamento de Prevención de Drogodependencias do Concello de Tui, en colaboración coa Asociación Española Contra o Cancro, un curso de Deshabituación Tabáquica.

Vai dirixido a todas as persoas fumadoras, maiores de 18 anos, que desexen deixar este hábito. É un programa de axuda específica e personalizada para facer fronte ao complexo proceso de abandono.

O curso dará comezo o 18 de xaneiro. Constará de 7 sesións, de hora e media de duración cada unha, en horario de tarde, que se celebrarán na Área Panorámica. Esta actividade brindará apoio técnico, consellos, compañía e recompensas.

As persoas interesadas poden inscribirse no correo paula.ssociais@tui.gal ou no teléfono 986 60 36 25. Debido as medidas de prevención ante a COVID19 o número de prazas queda limitado a 8 persoas participantes.

Concello Tui


O Concello de Tui instala un novo desfibrilador no Campo Municipal de Fútbol de Guillarei

Tui conta con sete unidades que dan cobertura a dez instalacións deportivas municipais

Dende o día de onte, o Campo Municipal de Fútbol de Guillarei conta cun desfibrilador semiautomático externo, que dará seguridade aos deportistas usuarios da instalación ante os posibles riscos cardíacos que se poidan producir durante a práctica deportiva.

O concelleiro de deportes de Tui, Rafael Estévez e o presidente do Club de Fútbol de Guillarei, Manuel Rodríguez, estiveron presentes durante a instalación do desfibrilador na instalación, e remataron a coordinación do curso certificado que o 061, a través do médico Rosendo Bugarín, impartirá a seis directivos do club local.

O Concello de Tui xa conta con sete desfibriladores nas súas instalacións deportivas, que dan cobertura a dez instalacións: Pavillón novo (da cobertura ao pavillón vello), Campo Municipal de Fútbol "Álvarez Durán", Centro Interfederado (con cobertura ao Centro Municipal de Remo e o de Piragüismo "Enrique Míguez"), Pavillón da Macoca, Campo Municipal de Fútbol de Caldelas, de Ribadelouro e, dende onte, no de Guillarei.

A intención do Concello de Tui é ter todas as instalacións deportivas municipais cardioprotexidas, polo que, no próximo ano 2021, instalará un novo desfibrilador nas pistas municipais de tenis de Areas e, co apoio do médico tudense Rosendo Bugarín, seguirá impartindo obradoiros básicos sobre o manexo destes aparatos entre os directivos, adestradores e deportistas dos clubs deportivos tudenses.

Concello Tui


Cortes puntuais na circulación na rúa Colón por obras

Mañá xoves e o venres realizaránse cortes puntuais na rúa Colón de Tui debido ás obras de humanización que se están a realizar ao abeiro do Plan Concello.

En concreto nas próximas xornadas debido á instalación de canalizacións e á necesidade de cruzamento da calzada con tubaxes será preciso en momentos puntuais cortar o tráfico rodado neste vial. Por este motivo recoméndase empregar vías alternativas á rúa Colón, xa se poden producir retencións.

Concello Tui


Música e teatro nas rúas tudenses polo Nadal

O día 5 está prevista unha recepción dos Reis Magos

As rúas e prazas do centro urbano será o escenario da actividade de animación programada polo Concello dentro da programación "Tui, o Camiño do Nadal" que se vai desenvolver dende este sábado 19 de decembro e até finais de ano. O programa festivo pecharse coa recepción dos Reis Magos o 5 de xaneiro, nun acto cheo de maxia e ilusión do que proximamente se darán a coñecer todos os detalles.

Catorce agrupacións serán as encargadas dos pasarrúas musicais ou teatrais previstos e plantexadas con todas as medidas de seguridade de prevención da COVID19 e con espectáculos sempre en movemento.

A Banda de Música Popular de Tui ofrecerá varios concertos nestas semanas reducindo o número de músicos de cada actuación a unha véntena e adaptando o repertorio a estas condicións especiais tanto nos ensaios coma nas actuacións.

As charangas tudenses Cantos Somos e A Tu Ritmo encherán de festa rúas e prazas nestas datas festivas. Nesta programación de Nadal estarán tamén presentes as agrupacións folclóricas das distintas parroquias tudenses que farán soar a nosa música tradicional nos pasarrúas previstos a cargo dos grupos Aloia de Pazos de Reis, O Mosteiro de Pexegueiro, San Fins de Rebordáns, Seixos Albos de Areas, Arume de Malvas, Xuntanza de Randufe, ou A Insua de Caldelas.

Barafunda presentará os espectáculo de animación con globos "Trasnos" e "Alicornos". A compañía de novo circo Asacocirco presentará "De Branco" e "Con Frak", e Troula achegará "Krasnobarak" e "Carteiro Branco Real".

Amais o día 24 estará en Tui dentro do "Nadal en Galego" da Deputación o Apalpador. Dende ás 17 h fará un pasarrúas musical xunto a un compañeiro acordeonista, Servando Barreiro, e do seu burro Río Lor para que os nenos e nenas poidan gozar das súas lendas, da súa sabiduría.

A programación pecharase o 5 de xaneiro coa presenza en Tui de Melchor, Gaspar e Baltasar cunha recepción real da que proximamente se darán a coñecer todos os detalles.

Tui, O Camiño de Nadal

Programación de rúa

Sábado 19
o Ás 12:30 h Grupo de gaitas Aloia de Pazos de Reis
o Ás 18:30 h Charanga A Tu Ritmo
o Ás 19:30 h Banda de Música Popular de Tui Xs

Domingo 20
o Ás 12:30 h Grupo de gaitas O Mosteiro de Pexegueiro
o Ás 18:30 h Charanga Cantos Somos
o Ás 19:30 h Banda de Música Popular de Tui Xs

Luns 21
o Ás 17:30 h Barafunda "Trasnos"

Martes 22
o Ás 17.30 h Asacocirco "De Branco"

Mércores 23
o Ás 17:30 h Troula "Krasnobarak"

Xoves 24
o Ás 17:00 horas no Paseo da Corredoira O apalpador
o Ás 18.30 h Charanga A Tu Ritmo

Sábado 26
o Ás 12:30h Grupo de gaitas Seixos Albos de Areas
o Ás 18:30h Banda de Gaitas Arume de Malvas
o ÁS 19:30h Banda de Gaitas Arume de Malvas

Domingo 27
o Ás 12:30 h Alumnado da Escola de Gaitas e Percusión A Insua de Caldelas
o Ás 13.15 h Grupo de Gaitas San Fins de Rebordáns
o Ás 18:30 h Grupo de gaitas Xuntanza de Randufe
o Ás 19:30h Grupo de gaitas Xuntanza de Randufe

Luns 28
o Ás 17:30 h ASACOCIRCO "Con FRAC"
o Ás 18:30 h Banda de Música Popular Tui Xs

Martes 29
o Ás 17:30 h Barafunda "Alicornos"
o Ás 18:30 h Banda de Música Popular Tui Xs

Mércores 30
o Ás 17:30 h Troula " Carteiro Branco Real"
o ÁS 18:30 h Charanga Cantos Somos

Martes 5 de xaneiro
o Recepción dos Reis Magos

Concello Tui



Edições C@2000

Do Coura se fez luz. Hidroeletricidade, iluminação pública e política no Alto Minho (1906-1960)"
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000/Afrontamento
Apoiado pela Fundação EDP


Da Monarquia à República no Concelho de Caminha
Crónica Política (1906 - 1913)

Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000


O Estado Novo e outros sonetos políticos satíricos do poeta caminhense Júlio Baptista (1882 - 1961)

Organização e estudo biográfico do autor por Paulo Torres Bento
Edição: C@2000


Rota dos Lagares de Azeite do Rio Âncora

Autor: Joaquim Vasconcelos
Edição: C@2000


Memórias da Serra d'Arga
Autor: Domingos Cerejeira
Edição: C@2000

Outras Edições Regionais