JORNAL DIGITAL REGIONAL CAMINHA 2000 JORNAL DIGITAL REGIONAL CAMINHA 2000

Horário do Ferry (14 a 20 de Dezembro)

Concello de A Guarda


O alcalde da Guarda presenta unha cuestión de confianza vinculada aos orzamentos

" Para o alcalde este é un exercicio de responsabilidade no que pon a disposición da corporación o seu cargo e o do equipo de goberno, antepoñendo os intereses da localidade por riba de todo.

O equipo de goberno do concello da Guarda considera fundamental contar cuns novos orzamentos para o exercicio 2021. O concello estivo traballando ata o día de hoxe cos orzamentos prorrogados de 2018, pero considera que é indispensable contar con novos recursos para o 2021, o cómodo sería prorrogar o orzamento existente, o responsable é facer todo o posible para acadar un novo orzamento.

Son moitos os motivos que se poden esgrimir pero queremos destacar os seguintes: o incremento dun 40% da partida adicada a servizos sociais, isto propicia unha mellor atención aos nosos maiores e dependentes, cubrindo as necesidades dos que máis o necesitan. O orzamento tamén debe cubrir as achegas municipais das subvención e convenios asinados con outras administracións, como por exemplo no caso da nova Escola Infantil Municipal, ou para a mellora do alumeado de todo o concello, que se vai a realizar grazas a unha subvención do IDAE (fondos europeos). Queremos destacar tamén que necesitamos recursos específicos para afrontar a situación xerada pola pandemia que estamos a padecer.

Estes son, entre outros moitos, argumentos coa importancia suficiente para dispoñer dun novo orzamento. O orzamento para o 2021 contempla un incremento de 1.150.000 € que reverterán en cubrir as necesidades dos veciños e veciñas da Guarda, e polo tanto, contribuirán á mellora da calidade de vida da cidadanía.

Ante o rexeitamento dos grupos políticos do PP e BNG, mostrado co seu voto desfavorable no pleno celebrado a día de hoxe 18 de decembro, o alcalde, Antonio Lomba, decidiu someter á consideración da corporación municipal unha cuestión de confianza vinculada a aprobación do orzamento.

Durante as semanas previas ao pleno de orzamentos non foi posible chegar a acordos cos grupos, no caso do BNG nin sequera aceptaron sentarse nunha mesa a negociar. A representación do PP amosou diferencias de criterios entre o portavoz e parte do seu grupo, en ningún momento fixeron unha proposta seria que permitise achegar posturas. Nin uns nin outros dan mostras de ter proxecto para este pobo, por iso se percibe medo a sentarse a debater a fondo propostas sobre o orzamento. Segundo o alcalde, durante o transcurso do pleno os grupos non aportaron argumentos que defendesen o seu voto desfavorable, non entraron a debater o orzamento e limitáronse a descalificar ao equipo de goberno.

A cuestión de confianza, que se debatirá nun pleno o día 23 de decembro, leva implícita, no caso de prosperar, a aprobación do orzamento. No caso de non prosperar ábrese un prazo dun mes no que os grupos da oposición poderán presentar unha moción de censura. No caso de non facelo os orzamentos quedarán automaticamente aprobados. O alcalde é consciente do risco que asume, este é un exercicio de responsabilidade no que pon a disposición da corporación o seu cargo e o do equipo de goberno, antepoñendo os intereses da localidade por riba de todo.

Concello de A Guarda


Remata o período de solicitar actuacións gratuítas para afectacións na recepción da sinal de TDT

Debido á implantación no municipio do servizo de telefonía móbil de 4ª xeración 4G, este servizo pode producir afectacións na recepción da televisión dixital terrestre(TDT), polo que se abriu un prazo de 6 meses para solicitar actuacións gratuítas por parte dos usuarios para solventar estas incidencias na recepción do sinal TDT.

Infórmase que este prazo remata o vindeiro 31 de decembro, actuacións que se levan a cabo dende a entidade Llega800, encargada de xestionar as afectacións e problemas de recepción do sinal de TDT de xeito gratuíto a todos os cidadáns.

Calquera dúbida os usuarios poden contactar con LLEGA800, no teléfono gratuíto 900 833 999 para poder atender e resolver as incidencias.

Concello de A Guarda


Rematan as obras de mellora da Rúa Calvario
na Guarda

O pasado mércores día 16 de decembro rematáronse as obras de mellora da Rúa Calvario entre os números 48 e 73.

O alcalde da Guarda; Antonio Lomba, a tenente de alcalde; Montserrat Magallanes, e o concelleiro de Vías e Servizos, Miguel Español, visitaron os últimos retoques destas obras xunto cos técnicos da empresa adxudicataria.

Esta actuación conta cunha parte central para a recollida de augas pluviais, substituíndo o asfaltado por un novo pavimentado de pedra en continuidade cos tramos xa mellorados en fases anteriores nesta mesma rúa, incorporando tamén parte das pedras antigas que se atoparon debaixo da vella capa de rodadura.

Executouse unha nova rede de abastecemento de auga, así coma a incorporación de bocas de incendios e a substitución da rede de augas pluviais e residuais, dispondo as novas acometidas a pozos e eliminado as acometidas que non se podía controlar ou rexistrar.

O prazo de execución destas obras prolongouse pouco máis dun mes e, tal e como manifestaron veciños, a rúa "quedou en perfectas condicións".

Estas obras contaron cun orzamento total 121.951,87€ IVE incluído con cargo ao Plan Concellos da Deputación de Pontevedra.

Concello de A Guarda


O Alcalde da Guarda urxe ás administracións para unha actuación definitiva que evite o deterioro do litoral na desembocadura do Río Miño

O Alcalde da Guarda, a tenente de alcalde e o Concelleiro de Vías e Obras revisaron esta mañá a pé de praia os diferentes danos ocasionados polo último temporal que azoutou o litoral na desembocadura do Río Miño.

Na pasada noite o litoral da Praia do Muíño perdeu preto dun metro de altura de area na súa extensión por mor dos fenómenos meteorolóxicos adversos, que sumados aos ventos do sur e ás mareas vivas, ocasionaron ademais, a perda duns 30 metros da pasarela de madeira que une a zona do Puntal coa Praia do Muíño, que quedaron espallados pola praia ata a máis de 500m de distancia.

Tamén quedaron ao descuberto as tubaxes das augas pluviais, e operarios municipais procederon a retirar a pasarela de acceso directo á praia ante a falta de estabilidade da mesma.

"É evidente que a perda de area do litoral da Guarda afecta ao ecosistema dunar e milleiros de metros cúbicos das nosas praias desapareceron" indicou o edil Antonio Lomba mentres revisaba esta mañá os desperfectos na Praia do Muíño.

A situación é limite, e o Alcalde da Guarda urxe ás diferentes administracións con competencias sobre este espazo natural a tomar medidas de xeito inmediato.

Os danos se estenden ata a zona do Codesal, onde a zona xa afectada previamente pola perda de area no lugar coñecido coma "A Noria", continúa tamén a deteriorarse, afectando ao sendeiro que transcorre pola PR-G 160 Ruta da Desembocadura do Río Miño.

Montserrat Magallanes indicou que "é o momento de actuar se non queremos perder as nosas praias e o seu importante entorno natural, un dos maiores atractivos turísticos da comarca".

En xullo de 2018 chegou ao concello da Guarda o esperado informe do Centro de Estudos e Experimentación de Obras Públicas (CEDEX), onde o concello defendeu que a mellor proposta que se axusta aos seus intereses é a alternativa 5, que propón a construción dun dique-espigón de "escollera" a baixa cota e lonxitude a determinar como continuación dos baixos entre as praias do Muíño e A Lamiña, cara ao este. Segundo o informe do CEDEX, xa en 1979 o Plan Indicativo de Usos do Dominio Público do Litoral propuña a construción de catro espigóns e o vertido de áridos neste espazo, unha actuación que nunca se levou a cabo.

Concello de A Guarda


O concello da Guarda presenta o orzamento para o 2021

" O novo orzamento permitirá facer fronte aos problemas derivados de estar traballando co orzamento prorrogado de 2018.
" O novo orzamento supera os 7 millóns de euros, cun importante incremento en Servizos Sociais.

O equipo de goberno do concello da Guarda presentará este venres 18 de decembro os orzamentos do próximo exercicio para a súa aprobación inicial polo Pleno Municipal.

O pasado mes de outubro comezaron os traballos de confección dun novo orzamento para o exercicio 2021, xa que o concello estaba traballando co prorrogado do ano 2018 e se atopaba con moitos problemas e moitas limitacións á hora de solucionar determinadas necesidades da veciñanza. Dende o mes de outubro se trasladou información aos diferentes grupos municipais e houbo reunións cos grupos que así o propiciaron coa vontade de chegar a acordos.

Co novo orzamento, que supera os 7 millóns de euros, o concello vai poder afrontar subvencións de diferentes administracións que requiren aportación municipal para poder levalas a cabo. Contempla tamén a transferencia á Xunta de Galicia por 281.294€ que é a aportación municipal para a construción da nova Escola Infantil, que está nestes intres en proceso de licitación.

Estes orzamentos contemplan un importante esforzo orzamentario na partidas de servizos sociais que superan a cifra de 616.000€, producíndose un importante incremento de máis do 40% dos recursos adicados a este departamento, onde o concepto que experimenta a maior suba é o que se refire á atención das persoas dependentes. O incremento do número de horas que se prestan ao coidado das persoas maiores fan que sexa necesario dotar máis crédito para poder afrontar a execución do gasto. Tamén hai un incremento do 20% nas partidas adicadas a emerxencia social.

Así mesmo, estes orzamentos prevén a cobertura de novas necesidades ocasionadas pola pandemia e que terán que ser afrontadas no 2021. Entre outros destacamos os gastos ocasionados pola necesaria desinfección de espazos públicos, mantemento e reforzo de limpeza en espazos naturais, acondicionamento de sendas, material de protección ante a covid e o reforzo de limpeza para a desinfección en escolas e centros educativos do municipio.

En definitiva, continuar traballando co orzamento de 2018 suporía non atender ás actuais demandas e paralizar o concello. Co novo orzamento o equipo de goberno pretende satisfacer as necesidades da veciñanza por medio da prestación dos servizos que son competencia municipal, afrontar os retos que prantexa o 2021 e respostar ás diferentes problemáticas que orixina ter que convivir coa pandemia orixinada polo Covid.

Concello de A Guarda


Abertas as inscricións para as videochamadas cos Reis Magos na Guarda

Dende esta semana xa se poden realizar as inscricións para as videochamadas que terán lugar os días 3 e 4 de Xaneiro, onde os Reis Magos contactarán con todos aqueles nenos e nenas que o desexen.

Para participar nestas videochamadas é preciso que se inscriban nesta actividade acudindo ao Centro Cultural ou chamando ao 986 61 1850 en horario de 10:00h a 13:00h e de 16:00h a 19:00h.

Unha vez inscritos se lles proporcionará un código de acceso vía SMS para ingresar na web: http://www.barafundaanimacion.com/videochamadas-nadal/, unha vez alí poderán concretar as súas citas cos reis magos, que farán as chamadas aos nenos e nenas da Guarda os días 3 e 4 de xaneiro.

Concello de A Guarda


A programación do Nadal 2020 trae esta semana á Guarda música, maxia e moito máis

" O sábado ás 17:30h espectáculo de maxia no Centro Cultural con "O Cinematomago"(inscrición previa).
" A programación conta con diversas actividades, sempre tendo en conta as medidas sanitarias vixentes e os aforos máximos para cada actividade, algunhas nas que é preciso realizar inscrición previa.

Continúa a programación de actividades do Nadal 2020 na Guarda e, seguindo coas actuacións musicais, o venres 18 de decembro ás 17:00h as rúas da Guarda encheranse dun divertido e diferente pasarrúas musical con "O Belén de Pulpiño" do Pulpiño Viascón, pensado para todos os públicos. Esta proposta que percorrerá as rúas da vila para amenizar o paseo vespertino (se a choiva o permite) non precisa inscrición previa.

Marcos Aboal Vázquez, coñecido artísticamente como Pulpiño Viascón, adapta o seu divertido repertorio ás Festas do Nadal, da man de múltiples intstrumentos: divertidas repicochas galegas ou o clásico "noite de paz" cun serrucho musical serán o preludio para un final de show apoteósico. En caso de choiva quedaría, o show quedaría aprazado a mellor data.

De cara ao fin de semana temos doble sesión para o sábdado 19, ás 12:00h nova entrega de "Cantos de Nadal", un evento musical no que participan pandereteiras da vila, que amenizarán a Praza de Avelino Vicente con cantigas tradicionais e de nadal.

E pola tarde, ás 17:30h no Centro Cultural será o escenario do Espectáculo de maxia "O Cinematomago". Emoción, recordos, risas e moita ilusión nos agardan neste novo espectáculo do Mago Paco. O "Cinematomago" é unha personaxe que converte as imaxes en movemento en maxia, repasando os diferentes clásicos do cine de todos os tempos a través da maxia e convertendo esas típicas escenas nun espectáculo máxico ao vivo, coa colaboración imprescindible do seu público. Para asistir a este evento é preciso formalizar unha inscrición previa no Centro Cultural da Guarda no 986 61 18 50 (en horario de 10:00h a 13:00h e de 16:00h a 21:00h) ou no enderezo electrónico culturaguarda@gmail.com

PROPOSTAS PARA A VINDEIRA SEMANA

Xa na vindeira semana, coa chegada das vacacións de Nadal para os mais cativos incorporaranse novas propostas, como "Os carteiros de Nadal", que recollerán as cartas dos nenos o martes 22, mércores 23 e xoves 24 decembro "Os carteiros do Nadal" estarán polas diferentes rúas da vila para que os nenos e nenas entreguen as súas cartas (22 e 23 en horario: 17:00h a 20:00h horas e 24 en horario: 10:30h a 13:30h).

O derradeiro evento do ano terá lugar o sábado 26 de decembro co Espectáculo infantil "Zona en obras" de Brais das Hortas. Contos, música, títeres, instrumentos con obxectos e moita interacción co público. O evento terá lugar no Centro Cultural ás 17:30 horas. Para asistir a este evento é preciso formalizar unha inscrición previa no Centro Cultural da Guarda no 986 61 1850(en horario de 10:00h a 13:00h e de 16:00h a 21:00h) ou no enderezo electrónico culturaguarda@gmail.com

E no mes de xaneiro, o sábado día 2 de xaneiro o Centro Cultural acolle ás 17:30h a obra de Teatro Infantil "O Crebanoces" de Larraitz Urruzola. Unha representación teatral infantil e familiar, duns 60 minutos de duración, inspirada no conto de Hoffmann. No espectáculo emprégase a música que creou Tchaikowsky e está deseñado para ser interpretada tanto con formación musical como sen ela.

Os "carteiros do nadal" regresaránn o sábado 2, luns 4 e martes 5 xaneiro ás rúas da Guarda(2 e 4 en horario: 17:00h a 20:00h e o 5 en horario: 10:30h a 13:30h)

O Martes 5 xaneiro terá lugar a Visita dos Reis Magos, que farán un percorrido polas diferentes rúas da vila, onde as luces que se repartirán entre os nenos os guiarán dende os balcóns e ventás das vivendas da vila. As luces, de fabricación local, serán repartidas ao longo desta semana polos diferentes centros educativos da vila, para que os reis magos saiban onde teñen que deixar os agasallos, polo que teñen que deixalas colocadas nas fachadas das casas.

Máis actividades na Programación do Nadal 2020 na Guarda

o MERCADO DE NADAL
Na Praza de Avelino Vicente do 4 de decembro de 2020 ao 5 de xaneiro de 2021 coincidindo coa campaña de comercio e cultural adicada ao Nadal, en horario de 10:00h a 13:30 e de 16:00h a 19:00h

o AS XANELAS DO NADAL, concurso de decoración.
Votacións do 14 ó 21 de decembro no facebook de @culturaguarda

o VIDEOCHAMADAS COS REIS MAGOS
Os días 3 e 4 de Xaneiro os Reis Magos contactarán con todos aqueles nenos e nenas que o desexen, para participar nestas videochamadas é preciso que se inscriban nesta actividade dende o 15 de decembro acudindo ao Centro Cultural ou chamando ao 986 61 1850 en horario de 10:00h a 13:00h e de 16:00h a 19:00h. Unha vez inscritos se lles proporcionará un código de acceso para ingresar na web: http://www.barafundaanimacion.com/videochamadas-nadal/ unha vez alí poderán concretar as súas citas cos reis magos.

PROGRAMACIÓN AXENDA DE NADAL:

DECEMBRO

SÁBADO 19 DECEMBRO

Cantos de Nadal
Na praza de Avelino Vicente as 12:00 horas
Espectáculo de maxia "O Cinematomago"
Centro Cultural ás 17:30 horas. (inscrición previa)

MARTES 22, MÉRCORES 23 e XOVES 24 DECEMBRO

"Os carteiros do Nadal"
22 e 23 en horario: 17:00 a 20:00 horas
24 en horario: 10:30 a 13:30 horas

SÁBADO 26 DE DECEMBRO

Espectáculo infantil "Zona en obras" de Brais das Hortas
No Centro Cultural ás 17:30 horas. (inscrición previa)

XANEIRO

SÁBADO 2 DE XANEIRO

Teatro Infantil "O Crebanoces" de Larraitz Urruzola.
No Centro Cultural ás 17:30. (inscrición previa)

SÁBADO 2, LUNS 4 e MARTES 5 XANEIRO

"Os carteiros do Nadal"
2 e 4 en horario: 17:00 a 20:00 horas
5 en horario: 10:30 a 13:30 horas

MARTES 5 XANEIRO

Visita dos Reis Magos.
Os reis magos visitaran durante o día as diferentes rúas da vila.

MÁIS ACTIVIDADES

o MERCADO DE NADAL
Na Praza de Avelino Vicente do 4 de decembro de 2020 ao 5 de xaneiro de 2021 coincidindo coa campaña de comercio e cultural adicada ao Nadal, en horario de 10:00h a 13:30 e de 16:00h a 19:00h

o AS XANELAS DO NADAL, concurso de decoración.
Votacións do 14 ó 21 de decembro no facebook de @culturaguarda

o VIDEOCHAMADAS COS REIS MAGOS
Os días 3 e 4 de Xaneiro os Reis Magos contactarán con todos aqueles nenos e nenas que o desexen, para participar nestas videochamadas é preciso que se inscriban nesta actividade dende o 15 de decembro acudindo ao Centro Cultural ou chamando ao 986 61 1850 en horario de 10:00h a 13:00h e de 16:00h a 19:00h. Unha vez inscritos se lles proporcionará un código de acceso para ingresar na web: http://www.barafundaanimacion.com/videochamadas-nadal/ unha vez alí poderán concretar as súas citas cos reis magos.

Concello de A Guarda




Edições C@2000

Do Coura se fez luz. Hidroeletricidade, iluminação pública e política no Alto Minho (1906-1960)"
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000/Afrontamento
Apoiado pela Fundação EDP


Da Monarquia à República no Concelho de Caminha
Crónica Política (1906 - 1913)

Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000


O Estado Novo e outros sonetos políticos satíricos do poeta caminhense Júlio Baptista (1882 - 1961)

Organização e estudo biográfico do autor por Paulo Torres Bento
Edição: C@2000


Rota dos Lagares de Azeite do Rio Âncora

Autor: Joaquim Vasconcelos
Edição: C@2000


Memórias da Serra d'Arga
Autor: Domingos Cerejeira
Edição: C@2000

Outras Edições Regionais