JORNAL DIGITAL REGIONAL CAMINHA 2000 JORNAL DIGITAL REGIONAL CAMINHA 2000

Jara García Coello do CEP de Caldelas é a gañadora do concurso escolar da postal de Nadal do Concello de Tui

O seu deseño será empregado polo Concello para felicitar as festas deste ano

Jara García Coello, alumna de 2º curso de Primaria do CEP de Caldelas, é a gañadora do primeiro premio do concurso escolar para a elección da postal de Nadal do Concello de Tui para este ano 2020 convocado pola Concellería de Ensino e Cultura, que dirixe a concelleira Sonsoles Vicente Solla.

A responsable desta concellería explica que a finalidade deste certame escolar foi fomentar a expresión artística, a creatividade e a participación activa da poboación infantil tudense nas tradicións do Nadal, procurando que os nenos e nenas do noso municipio, expresasen a través dun debuxo o significado do Nadal e a súa relación co noso Concello.

A primeira edición deste certame contou coa participación dos seguintes centros escolares tudenses: CEP de Caldelas, CEIP's de Randufe, de Guillarei e Nº 1 e Nº 2 de Tui.

O xurado acordou conceder os seguintes premios:
- 3º premio á postal presentada por Sergio Vázquez Álvarez de 6º curso do CEIP de Guillarei, consistente nun vale de 50 € para consumir en establecementos comerciais do municipio e lote de libros
- 2º premio á postal presentada por Sharay Iglesias Rodríguez de 5º curso do CEIP de Randufe consistente nun vale de 70€ para consumir en establecementos de Tui e lote de libros
- 1º premio á postal presentada por Jara Garcia Coello de 2º curso do CEP de Caldelas consistente nun vale de 100€ para consumir en establecementos comerciais do municipio, un lote de pinturas, bloc e material de pintura e un lote libros, valorado en 40 euros.

O debuxo da gañadora será a felicitación oficial do concello tudense neste nadal do ano 2020.

Concello Tui


A praza de Abastos realiza unha campaña de recollida solidaria de alimentos a favor de SOS Tomiño Baixo Miño

A Praza de Abastos de Tui, en colaboración coa Concellería de Comercio e Mercado, realiza unha campaña solidaria de recollida de alimentos destinados a SOS Tomiño Baixo Miño. Na propia praza habilitouse un espazo para depositar estes produtos.

A recollida de alimentos non perecedoiros realizarase entre o 10 de decembro e o 10 de xaneiro. Voluntarios de SOS Tomiño Baixo Miño recollerán semanalmente os produtos entregados

A iniciativa parte de Flores Rita e conta coa colaboración dos praceiros e praceiras do mercado Municipal de Tui.

A campaña iníciase o 10 de decembro e desenvolverase ata o 10 de xaneiro con recollidas semanas por parte de SOS Tomiño. O punto de recollida está establecido no propio mercado municipal.

O obxectivo desta iniciativa é obter alimentos non perecedoiros que logo serán distribuídos por SOS Tomiño Baixo entre as familias ás que prestan axuda e están nunha situación vulnerable.

A concelleira de Comercio e Mercado, Ana Mª Núñez, expresa a súa gratitude "polas inmensas propostas solidarias que están a xurdir entre a sociedade" o que indica é "unha mostra da humanidade que sen dúbida precisamos nesta complicada situación para superar o que nos toca vivir".

Concello Tui


Unha persoa foi detida o sábado á noite por desobediencia e resistencia a autoridade tras ser detectada nun control conxunto de Policía Local e Garda Civil

A Policía Local de Tui realizou na noite do sábado ao domingo un control conxunto coa Garda Civil de Tui. O obxectivo era comprobar o cumprimento da prohibición de tránsito entre ás 23 h e ás 6 h.

No mesmo procederon á detención dunha persoa por desobediencia e resistencia á autoridade. O detido circulaba nun vehículo ás 23.50 h e saltouse o alto dado polos axentes no control. Foi interceptado 500 metros despois, negándose a someterse á proba de alcoholemia sen ningún tipo de explicación polo que nun primeiro momento lle foi imputado un delito por negarse á realización destas probas. Posteriormente os efectivos de Policía Local e Garda Civil procederon a súa detención por desobediencia e resistencia á autoridade, resultado ferido, sen gravidade, un dos axentes. Fíxose cargo desta segunda intervención a Gardia Civil.

Por outra parte axentes da Policía Local acudiron o sábado ás 22.05 h á autovía A55, a altura da saída de Guillarei, onde se rexistrou un accidente, ao envorcar un vehículo. Tamén acudiron efectivos da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Tui, os Bombeiros do Porriño e da Garda Civil de Tráfico.

Concello Tui


O Concello de Tui recoñeceu o labor desenvolvido por cinco membros de Protección Civil durante o estado de alarma

O salón de sesións da casa do concello acolleu o acto de entrega dunha placa honorífica a cinco integrantes da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Tui. O Concello de Tui recoñeceu deste xeito o labor que desenvolveron durante o estado de alarma María Fernanda Esteves Abreu, Isaac Estévez Carballal, Juan Manuel González Estevez, Adolfo Pérez Paramos e Alberto Solleiro Álvarez.

O alcalde, Enrique Cabaleiro, abriu o acto lembrando coma a actual Agrupación de Voluntarios de Protección Civil se formou hai dous anos, lembrando ao daquela alcalde, Carlos Vázquez Padín, e a o concelleiro de Seguridade, Antonio Castro, que impulsaron o nacemento desta agrupación. Engadiu que "a aparición da covid fixo aos voluntarios de Protección Civil protagonistas involuntarios dunha situación difícil, na que o voso traballo e dedicación foi imprescindible". Un labor que se quixo recoñecer coa entrega das placas coincidindo hoxe coa celebración do Día do Voluntariado, e coas que se "recoñece o mérito que coma persoas tedes pola contribución que estades a facer", sinalaba Enrique Cabaleiro. O rexedor tudense concluíu agradecendo ese labor e comprometéndose a dotar á agrupación de voluntarios dos medios que precisan nas tarefas que levan a cabo.

O concelleiro de Seguridade, José Ramón Magán, deu lectura ao decreto de concesión deste recoñecemento no que sinalan as 477 horas realizadas por estes voluntarios durante o estado de alarma no reparto de alimentos colaborando con SOS Tomiño Baixo Miño e os Servizos Sociais municipais, no reparto de máscaras, na pegada de carteis informativos, nas desinfeccións de contedores e das instalacións da Policía Local cando se produciu un brote neste corpo, o reparto de ordenadores e cadernos en colaboración cos centros educativos, na celebración de cumpreanos infantís e mesmo no traslado dunha persoa.

Os representantes de todos os grupos da corporación presentes no acto, José Ángel Fernández polo PP, Pilar Besada por C's, José Martínez Tato polo BNG, José Manuel Palacín por C21, e Laureano Alonso por En Marea, coincidiron en amosar o seu agradecemento polo traballo "imprescindible" realizado, cun "labor encomiable" que feito de forma altruista. Nun acto, o desta tarde, no que dicían se plasma o cariño e orgullo da cidadanía cara eles.

O presidente da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil, Juan Manuel González, agradeceu o recoñecemento recibindo, que os encheu de satisfacción e lles motiva aínda máis no seu labor.

Concello Tui



Edições C@2000

Do Coura se fez luz. Hidroeletricidade, iluminação pública e política no Alto Minho (1906-1960)"
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000/Afrontamento
Apoiado pela Fundação EDP


Da Monarquia à República no Concelho de Caminha
Crónica Política (1906 - 1913)

Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000


O Estado Novo e outros sonetos políticos satíricos do poeta caminhense Júlio Baptista (1882 - 1961)

Organização e estudo biográfico do autor por Paulo Torres Bento
Edição: C@2000


Rota dos Lagares de Azeite do Rio Âncora

Autor: Joaquim Vasconcelos
Edição: C@2000


Memórias da Serra d'Arga
Autor: Domingos Cerejeira
Edição: C@2000

Outras Edições Regionais