JORNAL DIGITAL REGIONAL CAMINHA 2000 JORNAL DIGITAL REGIONAL CAMINHA 2000

Horário do Ferry (7 a 11 de Dezembro)

Concello de A Guarda


O BNG ANIMA A COMPRAR PRODUTO GALEGO E NO COMERCIO LOCAL PARA AXUDAR Á REACTIVACIÓN ECONÓMICA E SOCIAL

O BNG lanza unha campaña de apoio ao comercio local baixo o lema Mellor local, Mellor Galego e cunha dobre petición aos galegos e as galegas: consumamos produto do país e consumámolo no comercio de proximidade, axudando deste xeito a reactivación económica e social dun sector que xera moitos empregos e cun efecto dinamizador da nosa vila.

O portavoz Municipal Anxo Baz explicou "Todos somos conscientes do efecto tremendo que provoca ver unha rúa coas persianas baixadas e os locais baleiros e, tamén sabemos, o positivo que resulta tanto no económico como no social un comercio local vivo e dinámico".

O BNG anima a comprar produto feito aquí e vendido no comercio local todo o ano, pero especialmente nestas datas e nestes tempos de pandemia. Anxo Baz manifestou "con esta campaña queremos facer un chamamento a consumir produto galego e facelo no comercio local, apostar polo noso" para acabar concluindo "O comercio local significa: calidade, trato personalizado, produto coidado e diferenciado".

Pola súa parte Bea Lomba, concelleira e Responsábel local do BNG, anunciou os eixos da campaña do BNG: "ademais dunha tirada de carteis para repartir no comercio, editamos un video para promocionar nas redes sociais feito por Guardeses e Guardesas que producen aquí ou consumen habitualmente no mercado local".

A nacionalista tamén aclarou "ademais desta campaña de sensibilización, o Bloque presentará unha moción no próximo pleno na que propoñemos un paquete de medidas concretas que teñan en conta a crise xerada pola pandemia na hostalaría e tamén os retos aos que ten que enfrontarse o pequeño e mediano comercio ante novos habitos como a compra online, en auxe".

BNG de A Guarda


Os Segredos do Nadal Camposino

A alcaldesa da Entidade Local Menor de Camposancos xunto c@s veciños e veciñas de Camposancos , convidan a todas as persoas interesadas a desfrutar dun roteiro e un Nadal espallado polas rúas de Camposancos.

Queremos celebrar un Nadal diferente, sostible e ecolóxico, sen plásticos nin brillos, centrado nas crianzas.

A veciñanza traballou arreo para construír unha mini-aldea con material de refugallo, restos de poda, cabacos e anacos de madeira, para que a rapazada de toda a comarca percorra os camiños de Camposancos cunha sinalización de camiños para coñecer o percorrido, guiando os pequerrechos aos seus pais e nais,cara un Nadal máis cálido e familiar.

Prevese que o apalpador baixe do Monte Trega as tardes do 24 e 31 de decembro , mais este ano non vai apalpar nas barriguiñas da cativada por mor do COVID.

Desfrutemos dunhas festas diferentes!! Sexamos felices!! Porque o máis importante do Nadal está camiñando ao teu carón.

Tamén se ten previsto o acendido do alumeado e a presentación da ornamentación da Praza de San Amaro o día 8 de decembro ás 17:00 horas .

Anímate e participa desta ocasión tan singular!!!

Concello de A Guarda


Citas para a renovación do DNI na Guarda no mes de xaneiro

O vindeiro xoves día 17 de decembro de 2020 xa se poderán solicitar as citas para a visita das unidades móbiles no concello para a renovación do Documento Nacional de Identidade (DNI) correspondente ao mes de xaneiro de 2021.

A apertura do prazo para a solicitude de novas citas no setembro ofertadas pola unidade móbil do Corpo Nacional de Policía de Vigo comezarán o xoves día 17 de decembro de xeito preferentemente telefónico no 986 61 0000 de 9:00h a 14:00h ou presencialmente na Casa dos Alonsos.

As citas son para realizar o DNI o día 18 de xaneiro e recollelo o día 22 de xaneiro de 2021.

Ata entón, aquelas persoas que de xeito urxente necesiten realizar a renovación do seu DNI, poderán acudir ás oficinas de expedición de Tui (na rúa Párroco Rodríguez Vázquez, 3) ou Vigo (rúa Álvaro Cunqueiro, 6) previa solicitude de cita no teléfono 060 ou ben a través da páxina web www.citapreviadni.es.

Concello de A Guarda


Antonio Lomba trasládalle á Delegada da Xunta os 6 proxectos vertebradores para o pobo e para os que pide a máxima colaboración

Na xornada deste xoves día 10 de decembro de 2020, María Luisa Piñeiro realizou a súa primeira visita institucional á vila da Guarda coma Delegada Territorial da Xunta en Pontevedra.

Neste primeiro encontro de traballo co alcalde Antonio Lomba, aproveitou a ocasión para deixar a súa firma no libro de Ouro do Concello e para manter unha conversa sobre os seis principais proxectos nos que a Xunta de Galicia debe de prestar a súa "máxima colaboración", tal e como manifestou o edil socialista.

Estes proxectos teñen que ver coa mellora dos accesos e da mobilidade da vila, o incremento da seguridade viaria, a mellora das instalacións deportivas, a mellora dos servizos sociais municipais e a disposición de chan industrial para establecer empresas no municipio.

Neste senso os principais proxectos son o remate da VAP Tui-A Guarda, a construción do Acceso Sur ao Porto da Guarda, a Senda mixta arredor do Monte Santa Trega, a reforma do Pavillón Municipal de Deportes, o remate da 3º pranta da casa consistorial( para o seu uso por parte de Servizos Sociais e o desenvolvemento dun parque empresarial.

No caso da VAP Tui-A Guarda, Antonio Lomba recordou que para A Guarda é un lastre a falta de boas comunicacións por estrada, algo que imposibilita fixar empresas e poboación no municipio, unha vella demanda dos veciños e veciñas da vila.

En canto ao Acceso Sur, o alcalde trasladoulle á Delegada que xa existe un proxecto, redactado pola Deputación de Pontevedra, pero que é necesario a implicación de todas as institucións para que o Porto da Guarda teña un acceso en condicións, que permita e facilite o traballo das xentes do mar.

Outros dos proxectos plantexados foi a Senda Mixta arredor do Monte Santa Trega, unha demanda que preocupa moito ao alcalde, por tratarse dun tema de seguridade viaria e que está a por en risco a moitos veciños que transitan por unha vía sen beirarrúas e moi estreita, cunha alta circulación de vehículos de todo tipo na tempada estival.

En canto á reforma do Pavillón Municipal de Deportes, Antonio Lomba recordoulle a María Luisa Piñeiro que A Guarda conta cun equipo de balonmán feminino na División de Honra, o Balonmán Atlético Guardés, que xoga en competicións europeas e que precisa dende fai tempo dunhas instalacións axeitadas ao seu nivel de competición.

O remate da terceira pranta do edificio consistorial foi outro dos temas plantexados, posto que o seu uso estaría destinado aos Servicios Sociais Municipais, que arestora atenden na sede do antigo concello. Trátase dunha pranta que está aínda sen rematar e que precisa unhas obras de adecuación para poder establecer alí os Servicios Sociais do concello.

Xa para rematar, e non por elo menos importante, o rexidor local falou coa delegada sobre o Chan industrial no municipio, unha necesidade urxente para que empresas de toda índole se poidan implantar na vila. Tal e como manifestou lomba existe unha alta demanda de chan empresarial, algo que favorecería a economía da vila e axudaría a fixar poboación.

María Luisa Piñeiro amosou o seu interese nos temas plantexados polo Alcalde, moitos deles xa avanzados ou encamiñados con proxectos redactados, pero para os que é preciso un apoio por parte da Xunta de Galicia e outros entes autonómicos e provinciais para a súa financiación e execución.

Rematou este primeiro encontro cun agasallo por parte do Alcalde da vila á Delegada Territorial.

Concello de A Guarda


A unidade móbil de doazóns de sangue estará instalada na Guarda o venres 18 e sábado 19 de decembro

A unidade móbil do Centro de Transfusión de Galicia estará instalada na Guarda o venres día 18 de decembro e sábado día 19 de decembro.

Este autobús estará emprazado na Rúa Rosalía de Castro(Ao Carón do Centro Cultural) o venres 18 en horario de 10:00 ás 14:00 e de 16:30 ás 21:00 horas e o sábado 19 en horario de 10:00 ás 15:00 horas.

O Centro de Transfusión de Galicia, grazas ao emprego destas unidades móbiles intenta facilitar o solidario xesto de doar sangue a todos os cidadás. Sen a implicación de todos é imposible acadas as 500 doazóns de sangue que se precisan nos hospitais galegos.

Para maior seguridade, pide a túa cita previa para doar no 900 100 828.

" Para doar sangue hai que almorzar e despois de xantar espere 2 horas
" Non esqueza traer a tarxeta de doazón, DNI ou documento similar
" Informe ao médico se está a tomar algún medicamento

Concello de A Guarda


Continúa a programación do Nadal 2020 na Guarda con teatro, música e moito máis

" Este venres a obra de teatro "Running polo Camiño" chega ao Centro Cultural, é preciso inscrición previa
" A programación conta con diversas actividades, sempre tendo en conta as medidas sanitarias vixentes e os aforos máximos para cada actividade, algunhas nas que é preciso realizar inscrición previa.
" Últimos días para participar no concurso "As Xanelas do Nadal"

Despois da primeira semana de actividades da programación do Nadal 2020 na Guarda, na que se realizou o acendido do alumeado, o arranque do Mercado de Nadal, a charla de Fernando Rego e o Concerto de Helen & Shanna, chega a segunda semana de programación, con moitas actividades para todas as idades.

O venres 11 de decembro a programación de Nadal prosegue coa representación teatral de "Running polo Camiño", que terá lugar ás 20:30h no Centro Cultural. Para asistir a este evento é preciso formalizar unha inscrición previa no Centro Cultural da Guarda no 986 61 1850(en horario de 10:00h a 13:00h e de 17:00h a 20:00h) ou no enderezo electrónico culturaguarda@gmail.com

O sábado 12 de decembro ás 12:00h chega o momento dá música con "Cantos de Nadal", un evento musical no que participan pandereteiras da vila, que amenizarán a Praza de Avelino Vicente con cántigas tradicionais e de nadal.

Seguindo coas actuacións musicais, o xoves día 17 de decembro ás 17:00h na Praza do Reló, será a quenda do concerto do Coro Infantil do Conservatorio de Música Elemental de A Guarda. Para asistir a este evento é preciso formalizar unha inscrición previa no Centro Cultural da Guarda no 986 61 1850(en horario de 10:00h a 13:00h e de 17:00h a 20:00h) ou no enderezo electrónico culturaguarda@gmail.com

O venres 18 de decembro ás 17:00h as rúas da Guarda encheranse dun divertido repertorio especial de Nadal con "O Belén de Pulpiño" do Pulpiño Viascón, para todos os públicos.

Polas rúas da vila a partir das 17:00 horas

O sábado 19 de decembro ás 12:00h nova sesión de "Cantos de Nadal", un evento musical no que participan pandereteiras da vila, que amenizarán a Praza de Avelino Vicente con cántigas tradicionais e de nadal.

Tamén o 19 de decembro ás 17:30h o Centro Cultural será o escenario do Espectáculo de maxia "O Cinematólogo". Emoción, recordos, risas e moita ilusión nos agardan neste novo espectáculo do noso mago infantil favorito. Para asistir a este evento é preciso formalizar unha inscrición previa no Centro Cultural da Guarda no 986 61 1850(en horario de 10:00h a 13:00h e de 17:00h a 20:00h) ou no enderezo electrónico culturaguarda@gmail.com

O martes 22, mércores 23 e xoves 24 decembro "Os carteiros do Nadal" estarán polas diferentes rúas da vila para que os nenos e nenas entreguen as súas cartas(22 e 23 en horario: 17:00h a 20:00h horas e 24 en horario: 10:30h a 13:30h).

O derradeiro evento do ano terá lugar o sábado 26 de decembro co Espectáculo infantil "Zona en obras" de Brais das Hortas. Contos, música, títeres, instrumentos con obxectos e moita interacción co público. O evento terá lugar no Centro Cultural ás 17:30 horas. Para asistir a este evento é preciso formalizar unha inscrición previa no Centro Cultural da Guarda no 986 61 1850(en horario de 10:00h a 13:00h e de 17:00h a 20:00h) ou no enderezo electrónico culturaguarda@gmail.com

Xa no mes de xaneiro o sábado día 2 de xaneiro o Centro Cultural acolle ás 17:30h a obra de Teatro Infantil "O Crebanoces" de Larraitz Urruzola. Unha representación teatral infantil e familiar, duns 60 minutos de duración, inspirada no conto de Hoffmann. No espectáculo emprégase a música que creou Tchaikowsky e está deseñado para ser interpretada tanto con formación musical como sen ela.

Os "carteiros do nadal" regresan o sábado 2, luns 4 e martes 5 xaneiro ás rúas da Guarda(2 e 4 en horario: 17:00h a 20:00h e o 5 en horario: 10:30h a 13:30h)

O Martes 5 xaneiro terá lugar a Visita dos Reis Magos, que farán un percorrido polas diferentes rúas da vila, onde as luces que se repartirán entre os nenos os guiarán dende os balcóns e ventás das vivendas da vila. As luces, de fabricación local, serán repartidaspara que os reis magos saiban onde teñen que deixar os agasallos, polo que teñen que deixalas nas fachadas das casas.

Máis actividades na Programación do Nadal 2020 na Guarda

o MERCADO DE NADAL

Na Praza de Avelino Vicente do 4 de decembro de 2020 ao 5 de xaneiro de 2021 coincidindo coa campaña de comercio e cultural adicada ao Nadal.

o ALFOMBRA FLORAL DE NADAL

No hall da Casa dos Alonso, realizada en colaboración coa A.C Alfombras da Guarda, sepode visitar en horario de 9:00h a 15:00h de luns a venres.

o AS XANELAS DO NADAL, concurso de decoración.

Participa ata o 11 de decembro. Votacións do 14 ó 21 de decembro no facebook de @culturaguarda

o VIDEOCHAMADAS COS REIS MAGOS

3 e 4 de Xaneiro, pide o teu código de acceso web previamente no Centro Cultural antes do 23 de decembro no 986 61 1850(en horario de 10:00h a 13:00h e de 17:00h a 20:00h) ou no enderezo electrónico culturaguarda@gmail.com

PROGRAMACIÓN AXENDA DE NADAL:

DECEMBRO

VENRES 11 DECEMBRO
Teatro "Running polo Camiño"
No Centro Cultural ás 20:30 horas (inscrición previa)

SÁBADO 12 DECEMBRO
Cantos de Nadal
Na Praza de Avelino Vicente ás 12:00 horas

XOVES 17 DECEMBRO
Concerto do Coro Infantil conservatorio
Na Praza do Reló ás 17:00 horas (inscrición previa)

VENRES 18 DECEMBRO
"O Belén de Pulpiño" do Pulpiño Viascón
Polas rúas da vila a partir das 17:00 horas

SÁBADO 19 DECEMBRO
Cantos de Nadal
Na praza de Avelino Vicente as 12:00 horas
Espectáculo de maxia "O Cinematólogo"
Centro Cultural ás 17:30 horas. (inscrición previa)

MARTES 22, MÉRCORES 23 e XOVES 24 DECEMBRO
"Os carteiros do Nadal"
22 e 23 en horario: 17:00 a 20:00 horas
24 en horario: 10:30 a 13:30 horas

SÁBADO 26 DE DECEMBRO
Espectáculo infantil "Zona en obras" de Brais das Hortas
No Centro Cultural ás 17:30 horas. (inscrición previa)

XANEIRO

SÁBADO 2 DE XANEIRO
Teatro Infantil "O Crebanoces" de Larraitz Urruzola.
No Centro Cultural ás 17:30. (inscrición previa)

SÁBADO 2, LUNS 4 e MARTES 5 XANEIRO
"Os carteiros do Nadal"
2 e 4 en horario: 17:00 a 20:00 horas
5 en horario: 10:30 a 13:30 horas

MARTES 5 XANEIRO
Visita dos Reis Magos.
Os reis magos visitaran durante o día as diferentes rúas da vila.

MÁIS ACTIVIDADES

o MERCADO DE NADAL
Na Praza de Avelino Vicente do 4 de decembro de 2020 ao 5 de xaneiro de 2021 en horario de 10:00h a 13:30 e de 17:00h a 20:00h

o ALFOMBRA FLORAL DE NADAL
Na Casa dos Alonso, colabora A.C Alfombras da Guarda

o AS XANELAS DO NADAL, concurso de decoración.
Participa ata o 11 de decembro. Votacións do 14 ó 21 de decembro no facebook de @culturaguarda (inscrición previa)

o VIDEOCHAMADAS COS REIS MAGOS
3 e 4 de Xaneiro, pide o teu código de acceso web previamente no Centro Cultural antes do 23 de decembro (inscrición previa)

Concello de A Guarda


Unidade Móbil de inspección técnica de ciclomotores na Guarda en xaneiro

A Unidade Móbil 9 de inspección técnica de CICLOMOTORES desplazarase ao Concello de A GUARDA nas seguintes datas e ubicacións:

" do 19/01/2021 ao 19/01/2021 Estación de Servicio San Roque (A Guarda)

O horario de atención será de 9:00 a 13:30 pola mañá, e de 15:15 a 18:00 pola tarde. O servizo prestarase en horario de mañá e tarde todos os días

Para solicitar cita previa:
" Por teléfono: 902 30 90 00
" A través da nosa páxina web: www.sycitv.com - Cita previa

NOTA: A admisión de vehículos con características particulares estará condicionada á posibilidade de realizar as operacións de inspección regulamentarias.

Concello de A Guarda




Edições C@2000

Do Coura se fez luz. Hidroeletricidade, iluminação pública e política no Alto Minho (1906-1960)"
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000/Afrontamento
Apoiado pela Fundação EDP


Da Monarquia à República no Concelho de Caminha
Crónica Política (1906 - 1913)

Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000


O Estado Novo e outros sonetos políticos satíricos do poeta caminhense Júlio Baptista (1882 - 1961)

Organização e estudo biográfico do autor por Paulo Torres Bento
Edição: C@2000


Rota dos Lagares de Azeite do Rio Âncora

Autor: Joaquim Vasconcelos
Edição: C@2000


Memórias da Serra d'Arga
Autor: Domingos Cerejeira
Edição: C@2000

Outras Edições Regionais