JORNAL DIGITAL REGIONAL CAMINHA 2000 JORNAL DIGITAL REGIONAL CAMINHA 2000

Tomiño avanza na creación do Arquivo da Imaxe Municipal

A primeira fase vaise pechar con máis de 3.000 fotografías catalogadas

O Concello de Tomiño concluirá nas vindeiras semanas a primeira fase de creación do Arquivo da Imaxe Municipal, un proxecto co que se pretende recoller, dixitalizar e arquivar as imaxes producidas polos veciños e veciñas do concello ao longo dos anos. A intención é que este arquivo teña varias funcionalidades, servindo por un lado para recopilar o patrimonio fotográfico que forma parte da historia municipal e que está sen recoller ademais de ser tamén un sistema de conservación e preservación das propias fotografías.

O proxecto está a piques de rematar a súa primeira fase, desenvolvida ao longo dos últimos meses, e que se caracterizou pola creación da estrutura e clasificación de máis de 3.000 fotografías recollidas de múltiples fontes, tales como hemerotecas de diversas publicacións, arquivos fotográficos, fundacións ou recopilacións xa feitas polo propio Concello en proxectos anteriores, como por exemplo a colección de fotografías de arquitectura indiana.

Aínda que xa hai recollido un pequeno corpus de fotografías aportadas polos veciños e veciñas de Tomiño, este proceso de recopilación a través das familias do municipio viuse interrompido pola pandemia, quedando aprazada esta fase para cando estea superada a situación.

Este proceso de recopilación de material fotográfico porta a porta será previsiblemente realizado durante os vindeiros anos a través de campañas periódicas de recollida entre a veciñanza. Espérase que o arquivo sexa amacenado na futura biblioteca de Tomiño, podendo ser consultado por toda a veciñanza.

Concello Tomiño


Tomiño realiza labores de adecuación nas instalacións deportivas

O Concello realizou labores de adecuación nas instalacións do Club Deportivo Miño-Teixugos, no complexo deportivo do Mosteiro e no pavillón de deportes de Goián

O Concello de Tomiño vén de acometer varias intervencións de acondicionamento e reparación en diversas instalacións deportivas do municipio.

Recentemente foi feita unha intervención nas instalacións de Calistenia do complexo deportivo do Mosteiro, reparándoas e reubicándoas nun emprazamento máis axeitado para a realización deste deporte, algo que viñan demandando ultimamente os practicantes deste deporte no municipio.

A petición do Club Deportivo Miño-Teixugos tamén se levaron a cabo reparacións de desperfectos, humidades e pintado na súa sede, ampliando as instalacións de adestramento coa adecuación do edificio de Aduanas. Con esta intervención darase solución a unha das demandas do clube de contar cun espazo de adestramento cuberto para os días de choiva nos que non sexa posible a saída ao río.

Ademais leváronse a cabo importantes obras de reforma no pavillón de deportes de Goián, algo que levaba tempo sendo moi demandado polos usarios do pavillón, facendo un cambio completo das instalacións de fontanería, que se atopaban moi deterioradas. Realizáronse tamén accións de mellora nos baños e instaláronse pulsadores nas duchas que contribuirán ao aforro de auga e enerxía.

Neste conxunto de accións de reparación e adecuación foron investidos un total de 12.000 euros.

Recentemente reiniciáronse tamén as obras de reforma do Campo de Fútbol do Alivio, onde se instalaron xa as torres de iluminación con focos LED de baixo consumo e está previsto que proximamente se inicie xa o proceso de instalación do céspede artificial.

Concello Tomiño


Tomiño conta xa con WIFI de balde na praza do Seixo

A rede é accesible tamén no Campo da Feira e estará dispoñible proximamente no núcleo urbano de Goián

Os veciños e veciñas de Tomiño que visiten a praza do Seixo ou o campo da Feira xa poden conectarse de balde á rede WIFI de alta velocidade "WIFI4EU", que vén de ser activada.

A instalación deste servizo foi posible grazas a que Tomiño foi un dos 510 municipios do Estado (só unha ducia deles galegos) que se beneficiou da axuda concedida pola Unión Europea para financiar a instalación de wifi gratis de alta velocidade en espazos públicos (parques, edificios municipais, etc.). Na convocatoria da axuda participaron case 10.000 concellos, sendo Tomiño o único concello da comarca en contar con esta axuda.

A instalación da rede foi feita pola empresa Fibralar, e proximamente estará dispoñible tamén noutros espazos públicos do núcleo de Goián como o auditorio, a praza Pintor Antonio Fernández ou o mercado.

Concello Tomiño




Edições C@2000

Do Coura se fez luz. Hidroeletricidade, iluminação pública e política no Alto Minho (1906-1960)"
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000/Afrontamento
Apoiado pela Fundação EDP


Da Monarquia à República no Concelho de Caminha
Crónica Política (1906 - 1913)

Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000


O Estado Novo e outros sonetos políticos satíricos do poeta caminhense Júlio Baptista (1882 - 1961)

Organização e estudo biográfico do autor por Paulo Torres Bento
Edição: C@2000


Rota dos Lagares de Azeite do Rio Âncora

Autor: Joaquim Vasconcelos
Edição: C@2000


Memórias da Serra d'Arga
Autor: Domingos Cerejeira
Edição: C@2000

Outras Edições Regionais