JORNAL DIGITAL REGIONAL CAMINHA 2000 JORNAL DIGITAL REGIONAL CAMINHA 2000

A biblioteca municipal terá novos horarios durante os meses de decembro e xaneiro

Os cambios no horario habitual comezan este mesmo venres 4

A biblioteca municipal do Rosal modificará os seus horarios habituais para adaptarse aos festivos marcados no calendario durante os meses de decembro e xaneiro. Estes cambios comezarán este mesmo venres 4 de decembro, xornada na que as instalacións da biblioteca permanecerán pechadas ao público.

Con estes novos horarios, a biblioteca abrirá os días 9, 10, 15, 16 e 17 de decembro en horario de tarde, de 16.00 a 20.30 horas. As instalacións permanecerán pechadas dende o vindeiro día 18 de decembro ata finalizar as festas de nadal.

Dende o mesmo día 7 de xaneiro a biblioteca retomará o seu horario habitual: os luns de 15.30 a 20.30 horas e de martes a venres de 16.00 a 20.30 horas.

Concello de O Rosal


O Concello restaura a Fonte de Marzán, datada do ano 1891

O Rosal irá recuperando pouco a pouco este tipo de elementos patrimoniais e etnográficos cos que conta o municipio

O Concello do Rosal vén de rematar as obras de restauración da Fonte de Marzán, un lavadoiro histórico situado na zona coñecida como o Campo da Fonte e que está datado do ano 1891.

Operarios municipais levaron a cabo nos últimos días os traballos para a limpeza do ámbito da fonte. Revisouse a canalización que trae a auga, un sumidoiro de pedra que estaba en boas condicións, e melloráronse á súa vez as drenaxes da fonte.

Historicamente zona de rego, aproveitáronse os traballos de restauración para arranxar as canalizacións polas que se desvía a auga dende a fonte e o lavadoiro para que os veciños e veciñas da zona poidan continuar cos labores de regadío, sobre todo no verán.

Como complemento aos traballos no interior da fonte tamén se mellorou a accesibilidade creando unhas escaleiras e unha rampla, fixéronse muros de cachotería rústica de contención da estrada e construíuse unha varanda cunha fila de pedras rodeando a fonte. Ademais, preparouse un espazo de lecer e descanso con dous bancos para o uso e desfrute da veciñanza que se rematará coa colocación de elementos arbóreos.

Trátase dunha das primeiras accións de recuperación que levará a cabo o goberno municipal para poñer en valor aquelas construcións singulares cos que conta o Rosal, como fontes e lavadoiros, tan importantes para a sociedade rosaleira durante moitos anos. "Pouco a pouco iremos recuperando este tipo de elementos patrimoniais, dos que temos moitos por todo o municipio", sinala a alcaldesa, Ánxela Fernández Callís.

Concello de O Rosal




Edições C@2000
Do Coura se fez luz. Hidroeletricidade, iluminação pública e política no Alto Minho (1906-1960)"
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000/Afrontamento
Apoiado pela Fundação EDP

Da Monarquia à República no Concelho de Caminha
Crónica Política (1906 - 1913)

Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000


O Estado Novo e outros sonetos políticos satíricos do poeta caminhense Júlio Baptista (1882 - 1961)

Organização e estudo biográfico do autor por Paulo Torres Bento
Edição: C@2000


Rota dos Lagares de Azeite do Rio Âncora

Autor: Joaquim Vasconcelos
Edição: C@2000


Memórias da Serra d'Arga
Autor: Domingos Cerejeira
Edição: C@2000

Outras Edições Regionais