EXPOSICIÓN DE FOTOGRAFÍAS SOBRE O MOSTEIRO DE OIA
Lugar: Centro Cultural
Fecha: 28 setembro- 28 de outubro de 2012
Hora: 10-13 e 17-20h. días laborais
A partir do próximo 28 de setembro e durante todo o mes de outubro teremos a oportunidade de disfrutar, no Centro Cultural, dunha exposición de fotografía que nos mostrará os rincóns máis escondidos do Mosteiro de Oia.
Lorena González, natural do concello oiense nos presenta novas pespectivas e enfoques dun ben tan cercano a nós e tan descoñecido. A exposición, que xa estivo o pasado mes na Oficina de Turismo de Oia, estará aberta ó público de luns a venres en horario de mañán e tarde, e os sábados pola mañán.
CONMEMORACIÓN DO CENTENARIO DA SOCIEDADE PROMONTE ESTE SÁBADO NO CENTRO CULTURAL DA GUARDA
 |
Este fin de semán se conmemora á data de fundación da Sociedade Pro-monte. O sábado 29 de setembro cumpliranse exactamente 100 anos do acto de constitución da Sociedade que xurdía co espíritu de protexer e embelecer o monte do que tomaba o nome.
O acto, que se celebrará no Centro Cultural ás 20h., contará coa ponencia de Joaquín Miguel Villa sobre "Os indianos na Sociedade Promonte" e coa actuación da Coral Polifónica da Guarda.
Con este evento ábrese un ciclo de conferencias que se irán realizando por diferentes lugares da vila ata o próximo mes de maio. Da man de recoñecidos expertos e investigadores en arqueoloxía e historia, e a razón dunha ou dúas charlas ó mes, estas charlas versarán sempre en torno a historia do Monte e á recuperación do mesmo, buscando a divulgación dun ben tan significativo para a nosa vila.
Estes actos enmárcanse dentro do variado programa de actividades que se levan desenvolvendo ó longo do ano, que se iniciaron co concurso do logotipo do centenario no mes de febreiro e que continuaron con actividades tan variadas como as Lendas do Trega, os Obradoiros de arqueoloxía, a reedición do libro de Manuel Álvarez Vicente, e outros actos preparados que aínda están por chegar.
|
O BNG presenta unha moción para impedir a perda da paga extra de nadal dos empregadas e empregados públicos do concello da Guarda
"Para o BNG a supresión desta paga vai afectar directamente ao conxunto do comercio local"
O Bloque Nacionalista Galego vai levar ao próximo pleno de setembro unha moción para impedir a perda de poder adquisitivo das empregadas e pmpregados públicos do concello da Guarda afectados polo Decreto 20/2012.
o BNG ten claro que as decisións adoptadas polo Goberno central do PP en materia de política económica están a provocar un agravamento da crise económica. O último episodio desta errática constitúeo o Real Decreto-Lei 20/2012, do 13 de xullo, que constén medidas destinadas á minoración retributiva e de dereitos laborais para as empregadas e empregados lúblicos, á redución das prestacións por desemprego, á diminución do finanzamento do sistema á dependencia, a liberalización comercial que provocará perdas ao comercio tradicional fronte ás grandes superficies comerciais.
"Eliminar a paga extra ás empregadas e aos empregados do concello é unha medida inxusta e equivocada. Agravará aínda máis a crise pois reducir o poder de compra destas persoas afectará moi negativamente ao noso comercio local", comentou o portavoz municipal do BNG, Xan Lois Lomba.
Para o BNG esta medida é unha auténtica imposición, que no caso dos concellos socava a autonomía local, ao pretender facelos partícipes de medidas inxustas por atacar de novo dereitos consolidados de persoas traballadoras, ademais da súa inutilidade, como xa se ten demostrado.
O BNG na Guarda solicita a impugnación do Real Decreto que legaliza a fraude das preferentes
"Mentres os gobernos do PP e do PSOE meteron miles de millóns de euros para salvar a banca, estes aforradores poden verse na obriga de asumir perdas de até un 70%"
O Bloque Nacionalista Galego presenta unha moción no pleno ordinario deste venres para a impugnación do Real Decreto-Lei 24/2012 que legaliza a fraude das participacións preferentes.
Para o BNG este decreto aprobado polo Goberno español do PP supón a legalización da estafa das participacións preferentes, na que foron vítimas milleiros de persoas subscritoras, en moitos casos pequenas e pequenos aforradores, deste produto financieiro.
"Mentres os gobernos do PP e do PSOE meteron miles de millóns de euros para salvar a banca, estes aforradores poden verse na obriga de ter que asumir perdas de até un 70%, algo que indigna a calquera", comentou Xan Lois Lomba, portavoz municipal do BNG.
A formación nacionalista ten claro que se está a legalizar a expropiación da maior parte de persoas aforradoras, non de especuladores, a través dunha estafa cometida pola banca co engano masivo do que noso concello e en Galiza foron vítimas miles de persoas.
|
TIM RIPPER OWENS, SANDSTONE, LORD VOLTURE, THE FLAMING SIDEBURNS, THE PRETTY SHIRTS Y ASEGÚN, ENTRE LOS GRUPOS MUSICALES QUE PASARÁN POR SALA LA HACIENDA EN OCTUBRE
- El primero de los conciertos se realizará el Sábado día 6 de Octubre de 2012 con la actuación de Tim Ripper Owens(ex-vocalista de Judas Priest), Sandstone, Lord Volture y Asegún.
- La Sala La Hacienda de O Rosal-Pontevedra será el lugar elegido para la única cita de Tim Ripper Owens en Galicia el Sábado 6 de Octubre de 2012.
- Las entradas para los conciertos se podrán adquirir en modo anticipado a través de www.breakpoint.es
- Tim Ripper Owens es sin duda uno de los vocalistas de metal más importantes de los últimos 10 años
- Los finlandeses The Flaming Sideburns actuarán el Jueves 25 de Octubre junto a los guardeses The Pretty Shirts
La Sala La Hacienda de O Rosal retoma su actividad con un mes de octubre cargado de buena música en la que el público podrá disfrutar del único concierto en Galicia del ex-vocalista de JudasPriest "Tim Ripper Owens" el Sábado día 6 de Octubre de 2012.
En esta primera cita, Tim Ripper Owens estará acompañado de la banda Sandstone de Irlanda, Lord Volture de Holanda y Asegún de A Guarda, en una noche que comenzará a las 21:00 con la apertura del recinto.
Tim Ripper Owens se encuentra actualmente en la gira Messiah European Tour, que lo llevará junto a "Sandstone" y "Lord Volture" por más de 16 países en un frenético Tour de conciertos que durará 33 intensos días.
Esta será la primera vez que Owens se enmarca en una gira europea en solitario, queriendo dar a todos sus fans lo que ellos se merecen: "lo mejor!" En esta gira se podrán escuchar temas de "Winters Bane", "Judas Priest", "Iced Earth" y "Beyond Fear", además de clásicos del metal y canciones de su excelente disco en solitario "Play my game".
La segunda cita de octubre en Sala La Hacienda será el Jueves 25 de Octubre con la actuación del grupo finlandés "The Flaming Sideburns" junto a los guardeses "The Pretty Shirts" a partir de las 23:00h de la noche.
The Flaming Sideburns, una banda originaria de Helsinkin - Finlandia, nace en 1995 al juntarse el cantante argentino, Eduardo Martínez, y los finlandeses, The Punisher, Vilunki 3000, Ski Williamson y Jay Burnside.
Todos procedían de otras bandas, como Jack Meatbeat & the Underground Society, Isabel's Pain, Larry And The Lefthanded, Teenage Kicks o Lowdown Shakin' Chills.
Publicaron su primer sencillo,-Close to Disaste- en 1997, que les valió firmar con el sello discográfico danés Bad Afro. Publicaron un álbum recopilatorio, It's Time to Testify...Brothers And Sisters, en 1999 y su álbum de debut, Hallelujah Rock'n'Rollah, en el año 2001. Su segundo álbum, Sky Pilots, fue publicado por el sello Ranch en el año 2003. Ambos discos fueron publicados en Estados Unidos por el sello Jetset Records. Su tercer disco de estudio, Keys to the Highway, fue publicado el 31 de enero de 2007.
La Sala de espectáculos multifuncional La Hacienda está ubicada en la Calle Cunchada s/n de O Rosal y cuenta con un aforo de más de 600 personas, totalmente equipada con más de 7.500w de sonido y 18.000w de iluminacion.
Tim Ripper Owens(ExJudas Priest) - USA + Sandstone - IRLANDA + Lord Volture - HOLANDA + Asegún - A GUARDA.
Sábado 6 de Octubre de 2012
21:00h
Entradas: 15€ Anticipada | 18€ Taquilla
Sala La Hacienda - O ROSAL - PONTEVEDRA
www.salalahacienda.com
The Flamming Sideburns - FINLANDIA + The Pretty Shirts - A GUARDA.
Jueves 25 de Octubre de 2012
23:00h
Entradas: Pendiente de confirmación
Sala La Hacienda - O ROSAL - PONTEVEDRA
www.salalahacienda.com
www.breakpoint.es
|
TOMIÑO DEFENDERÁ O TROFEO DO TRIATLON DA AMIZADE FRONTE A VILA NOVA DE CERVEIRA O VINDEIRO DOMINGO
Máis de 160 deportistas participaran neste evento transfronteirizo.
O vindeiro domingo día 30 de setembro celebrarase a sexta edición do Triatlon da Amizade, evento no que participan tanto deportistas galegos como portugueses.
O triatlon, como ven sendo habitual, discorrerá por terras tomiñesas e cerveirenses e contará coa participación de máis de 160 deportistas de ambas beiras.
A competición ten unha modalidade para os máis pequenos que se celebra ás 13:30 no espazo fortaleza. Nela haberá unha manga para alevíns e outra para cadetes e infantís.
A competición para adultos iniciarase ás 16:30 en Vila Nova de Cerveira. Partirase da praia do Castelinho comezando pola proba de natación na que terán que atravesar o río Miño. Unha vez en Goián comezará a carreira en bicicleta de montaña nun circuito polo Espazo Fortaleza. Regreserán a Portugal pola ponte da Amizade para rematar no casco histórico da vila cerveirense.
Galicia defenderá o título por cuarto ano consecutivo fronte a Portugal. Actualmente o trofeo alóxase no Concello de Tomiño.
Os organizadores deste evento transfronteirizo son as federacións de triatlon tanto galega como portuguesa e os Concellos de Tomiño e Câmara de Vila Nova de Cerveira.
A Alcaldesa, Sandra González, móstrase orgullosa de "que o deporte nos una tanto a Galiza e a Portugal, como a Tomiño e Cerveira, para por de relevo a deportividade dos nosos triatletas".
Dimisión da concelleira de Seguridade
A 27 de setembro tivo lugar un pleno extraordinario no Concello de Tomiño no que se deu conta da dimisión da concelleira de Seguridade,Tráfico e Comercio, Eva Martínez, por motivos laborais xa que se traslada a outra comunidade autónoma.
Dende o goberno local agradécese a grande labor que até o de agora ten desempeñado a concelleira. A Alcaldesa de Tomiño agradece en nome do goberno local a extraordinaria xestión de Eva Martínez e o seu compromiso coas áreas que tivo delegadas.
No seu lugar entrará Ismael Claro Portas, veciño de Vilameán do que ata agora desempeñaba de pedáneo.
O CONCELLO DE TOMIÑO PON EN MARCHA A ESCOLA MUNICIPAL DE NAIS E PAIS
A obra literaria de Xosé Neira Vilas servirá de material pedagóxico
O Concello de Tomiño pon en marcha a Escola de Nais e Pais cun abano de obradoiros dirixidos as familias. Ademáis iniciase unha nova forma de traballo basada nas comunidades de aprendizaxe que empregará a obra literaria de Xosé Neira Vilas como punto central da terapia.
Á partires do vindeiro mes comezarán diferentes obradoiros dirixidos ás familias. Haberá un obradoiro de intervención psicoeductiva para familias con menores en idade infantil baixo o lema "se queres, podes facelo" ou outro para familias con fillos adolescentes baixo o nome de "entón que, axudámanos". Os obradoiros correrán da man dos psicólogos, Carmen Lomba no caso infantil e Manuel Lloves Moratinos no caso dos adolescentes.
Para os estudantes de 1º da ESO haberá un taller de hábitos saudables impartido polo persoal técnico do Centro de Saúde co que se abordará hixiene, alimentación e outros hábitos.
Ademáis, organízanse obradoiros de cociña saudable para familias para cativos con trastornos alimenticios que se organiza en colaboración co Centro de Saúde.
Dentro da programación do 2012-13 tamén se porá en práctica novos medios de terapia. Así dende o departamento de servizos sociais a través da Escola Municipal de Nais e Pais tomarán como punto de apoio a obra de Xosé Neira Vilas para traballar tanto cos maiores como coas familias.
Por un lado, o programa de maiores traballará coa obra Memorias dun neno labrego, obra a través da cal recrearán as súas propias vivencias persoais que poderán intercambiar os que así o queiran nos centros educativos.
Por outro lado, iniciarase unha nova forma de traballo coas familias basada nas comunidades de aprendizaxe para o que se empregará a lectura de varias obras de Neira Vilas como Espantallo Amigo, Cabaliño de Buxo e A Marela Taravela. Será a través das tertulias literarias dialogadas nas que os pais traballaran sobre problemas de fracaso escolar ou inclusión social.
Para finalizar a programación da Escola Municipal de Nais e Pais organizarase unha festa interxeneracional na que se pretende que participen os maiores, os pais e os nenos, as tres xeracións.
O Concelleiro de Servizos Sociais, Jesús Montero, declara que "este ano queremos conxugar diferentes propostas e innovar na Escola Municipal de Nais e Pais e que mellor forma que a través das obras sempre actuais de Xosé Neira Vilas."
|
Emotiva homenaxe aos mundialistas do Kaiak Tudense
Máis de 350 persoas asistiron onte á tarde, no Teatro Municipal de Tui a unha emotiva recibimento aos mundialistas do Club Kaiak Tudense, Iván Alonso, Ramón Ferro, Ana Varela Carla Pérez e Óscar Graña que non puido estar presente.
Os padeeiros foron recibidos cunha gran ovación e co público en pé a súa entrada ao patio de butacas e mentres subían ao escenario. Interviron o alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, o concelleiro de Deportes, Nicolás Lorenzo, o presidente do Club Kaiak, Esteban Alonso, e o dobre campión do Mundo, Iván Alonso.
O concello de Tui fixo entrega a estes deportistas duns obsequios e a Iván Alonso dunha pá de competición desexando que logre novos triunfos coa mesma. Ao remate do acto os catro padeeiros asinaron autógrafos, onde de novo sentiron o calor do público.
ESTE DOMINGO 30 DE SETEMBRO ACTIVIDADES NO CONXUNTO HISTÓRICO: 150 ANOS DA PRAZA DO PRACER E A NOITE ABERTA
 |
Baixo o lema "Vive o conxunto histórico: 150 anos da praza do Pracer" o Concello de Tui coa colaboración de varios locais da zona de intramuros organiza este domingo unha serie de actividades que van ter lugar nas prazas do Pracer, a Armada e a Estrela. E como continuidade de 20,00 a 24,00 horas diversos establecementos da zona histórica organizan "A noite aberta" cunha proposta de actividades diversas.
O alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, acompañado polos concelleiros do Conxunto Histórico e de Cultura, Nicolás Lorenzo e Vanesa Rodríguez, xunto aos representantes dos locais colaboradores presentaron esta mañá o programa previsto.
A actividade comezará ás once da mañá coa inauguración da xornada na Praza do Pracer cunha visita a unha exposición de fotografías da zona, e a entrega de premios do concurso de decoración de balcóns.
Ao longo da xornada, de 11 a 14.30h e de 17 a 20.30h, haberá postos de artesanía na Praza do Pracer con mostra de cestería, tecido, oleiría, trapillo, bixutería, e palilleiras. Amais na Praza da Armada haberá unha mostra de malla tradicional.
A música estará presente con pasarrúas e actuacións de grupos folclóricos locais e cun concerto de música folk a cargo de Begoña Riobó a partir das 18h.
A gastronomía será outra das propostas do programa con postos na praza da Estrela a cargo de Monumental, A Muralla, Viñoteca de García, Jaqueivi, A Adega, Viños e Tapas, Remesal e La Cava.
Ás sete da tarde o historiador Suso Vila conducirá unha visita guiada polas prazas do Pracer, a Estrela e a Armada.
Na presentación desta mañá o alcalde, Moisés Rodríguez, comezaban salientando que a unión fai a forza, ao tempo que felicitaba ás concellerías de Cultura e Conxunto Histórico por esta iniciativa. Co programa previsto engadía que se van descubrir as nosas prazas e ao tempo se apoia ao pequeno comercio, agradecendo a colaboración dos establecemento que nestes momentos complicados fan esforzo e suman sinerxías, salientando que o importante é dar vida ao conxunto histórico
O concelleiro do Conxunto Histórico, Nicolás Lorenzo, explicaba que esta festa organízase co gallo do 150 aniversario da urbanización da praza do Pracer. Partindo dunha idea suxerida polo historiador Suso Vila puxéronse en contacto cos hostaleiros e comerciantes da zona de Intramuros e elaboraron o programa festivo deste domingo. Co mesmo buscan tamén pór de relevo que o Conxunto Histórico é máis que a catedral e hai tamén outros lugares con encanto.
En nome dos establecementos colaboradores Marina Cruces explicou que cada local aportará o que cada quen sabe facer. Buscarán así dinamizar o evento e facer que o casco histórico se pasee. Tamén explicaba que Porta da Pía, Fototeca Estudio, Pía que Pía e Viñoteca de García farán este domingo a 2ª Noite Aberta abrindo a súas portas de 23 a 00h fóra do seu horario habitual as seguintes actividades:
- de 20 a 21 horas en "Porta da Pía" degustación de confituras ecolóxicas da empresa "Amorodos"
- de 21 a 22 horas na "Fototeca" proxección do documental "Contactos: la renovación de la fotografía contemporánea"
- de 22 a 23 horas na "Viñoteca de García" cata-degustación-presentación do Albariño Rías Baixas "O viño que naceu nun OVO".
- De 23 a 00 horas en "Pía que Pía" sesión lixeira de Indie-pop con Dj Argamboy.
A EUROCIDADE TUI - VALENÇA ACOLLE A CELEBRACIÓN DO "FORUM PEREGRINO"
Unha iniciativa da Associação Confraria de São Tiago "Espaço Jacobeus" (Braga) e da Asociación Iacobus Confraría de Santiago (Tui)
 |
Do 28 ao 30 de setembro de 2012 desenvolverase na Eurocidade Tui-Valença o encontro denominado "Forum Peregrino", organizado conxuntamente pola Associação Confraria de São Tiago "Espaço Jacobeus" (Braga) e pola Asociación Iacobus Confraría de Santiago (Tui), coa colaboración do Concello de Tui e da Cámara Municipal de Valença.
Este Forum está concebido como un espazo de encontro e de diálogo entre peregrinos de diferentes lugares e unha oportunidade para reflexionar en voz alta sobre a peregrinación xacobea e o Camiño de Santiago.
No Fórum Peregrino vanse a debater catro temas, que foron escollidos polos propios participantes, ao inscribirse, de entre o cinco propostos pola organización. Cada participante tomará parte efectiva na discusión de dous temas. Estes serán debatidos o sábado día 29: dous no período da mañá e outros dous no período da tarde. O domingo, día 30, serán presentadas as conclusións de cada tema. Tamén será presentada a Carta do Fórum Peregrino, documento no que se reunirán as preocupacións, dúbidas e ilusións dos participantes no Forum.
Este Forum Peregrino pretende ser un espazo de encontro e de diálogo entre peregrinos de diferentes lugares e unha oportunidade para reflexionar en voz alta sobre a peregrinación xacobea e o Camiño de Santiago. Máis aló de crear un espazo aberto de encontro e diálogo, onde todos poidan expresarse, os obxectivos do Fórum Peregrino son:
- Dar voz aos protagonistas do Camiño de Santiago
- Buscar respostas aos problemas concretos dos peregrinos de hoxe
- Manifestar publicamente as reflexións dos peregrinos
O Fórum Peregrino realizase na Eurocidade Tui - Valença, representando así o carácter internacional e a eliminación das fronteiras físicas e culturais, que simboliza o Camiño de Santiago. Realizase os días 28, 29 e 30 de Setembro, no ámbito do 25º aniversario da declaración do Camiño de Santiago como Primeiro Itinerario Cultural Europeo (23 de Outubro de 1987) e da véspera das conmemoracións do descubrimento do sepulcro do Apóstolo Santiago (que se celebra en 2013).
O Fórum Peregrino pretende reunir peregrinos de todo ou mundo. Preténdese que o Fórum Peregrino sexa un espazo aberto á participación de todos os peregrinos interesados, sexa cal fose a súa localización xeográfica. Espérase recibir presencialmente entre 100 e 200 peregrinos entre participantes, voluntarios e organización. Estes peregrinos serán maioritariamente oriúndos de España e de Portugal, aínda que tamén doutros países europeos e tamén de América e doutros continentes. A posibilidade da videoconferencia, aumentará o número e o ámbito dos participantes.
PROGRAMA
28 de Setembro - Valença
16h00/19h30 - Recepción e entrega de documentación aos participantes.
Albergue de Peregrinos São Teotónio de Valença
20h00 - Cerimonia oficial de apertura e presentación del Fórum Peregrino
Alfándega Cultural de Valença
21h00 - Cena Peregrina
Escola EB 2/3 de Valença do Minho
22h30 - Espectáculo Cultural
Escola EB 2/3 de Valença do Minho
23h30 - Oración de Completas (Opcional)
Fortaleza de Valença do Minho
29 de Setembro, Mañá - Valença
09h30/ 12h00 - Discusión dos temas.
Escola EB 2/3 de Valença
13h00 - Visita guiada a la Fortaleza de Valença do Minho
29 de Setembro, Tarde - Tui
16h00/18h30 - Discusión dos temas.
Seminario de Tui
19h30 - Visita guiada a Tui
21h00 - Cena Peregrina
Seminario de Tui
22h30 - Espectáculo Cultural
Seminario de Tui
23h30 - Oración de Completas (Opcional)
Seminario de Tui
30 de Setembro - Tui
09h30 - Fórum Peregrino: Presentación das conclusións dos temas e aprobación da Carta do Fórum Peregrino.
Auditorio da Aula da Uned de Tui
12h00 - Cerimonia oficial de Clausura: Presentación das conclusións do Fórum
Peregrino.
Auditorio da Aula da Uned de Tui
13h00 - Celebración da Eucaristía
Catedral de Tui
14h00 - Espectáculo Cultural
Praza de San Fernando
COA EXPOSICIÓN SOBRE ARQUITECTURA DA AUGA EN REBORDÁNS E RIBADELOURO ABREN AS XORNADAS EUROPEAS DE PATRIMONIO NA EUROCIDADE TUI - VALENÇA

Un ano máis a Eurocidade Tui -Valença se suma, nos inicios do outono, ás celebración que se realizan en máis de trinta países de Europa para a difusión do noso patrimonio agrupadas ao abeiro do nome de "Xornadas Europeas de Patrimonio". Neste ano 2012 a temática escollida en España é "Paisaxe e arquitectura tradicional" namentres que en Portugal é "O futuro da memoria"; en base a esta temática foi elaborada polo Concello de Tui e a Cámara Municipal de Valença un programa de actividades que abrangue o seguinte:
* Dende o xoves 27 de setembro: apertura da exposición "Arquitectura tradicional da auga en Rebordáns e Ribadelouro" que recolle as fotografías realizadas polos alumnos do CEIP Curuxeiras de Rebordáns no ámbito dun proxecto de investigación realizado neste centro educativo ao longo do curso escolar 2010-2011. Esta exposición está aberta ao público no Anexo Sala Municipal de Exposicións (Edificio Área Panorámica).
* De 28 setembro a 28 Novembro: Exposição Digital "Valença no século XIX e XX - a memória e o futuro" - Centro de Interpretação da fortaleza
* Sábado 29 setembro - Workshop de pintura "Património Edificado na fortaleza" - 14,30h - 18,30h
Centro de Interpretação da fortaleza
* Domingo 30 setembro: Andaina - trilho GPR 17 (Tui)
Inicio no Centro Intefederado de Remo e Piragüismo - Tui, 09,00 horas
* Sábado 13 de outubro: Andaina - Trilho do Castelo da Furna (Municipio de Valença). 10,00 horas
* Domingo 28 de outubro: Andaina - Trillo "Muiños de Paredes" (Tui)
Inicio en Paredes - Rebordáns (Tui). 10,00 horas
Hoxe xoves comeza pois o desenvolvemento destas xornadas coa apertura da exposición que recolle unha mostra da arquitectura tradicional relacionada coa auga nas parroquias tudenses de Rebordáns e Ribadelouro e que posúe o dobre valor de estar realizadas polos alumnos do CEIP Curuxeiras de Rebordáns e recoller as testemuñas gráficas fun patrimonio etnográfico de grande valor cultural conservado neste ámbito territorial.
Para a concelleira de educación e cultura do Concello de Tui, Vanesa Rodríguez Pereira, a programación destas Xornadas Europeas de Patrimonio que organiza a eurocidade Tui - Valença expresa o traballo de difusión e valorización que do noso patrimonio cultural realiza o concello tudense, uns ricos conxunto monumental que abrangue tamén estes ben de caracter etnográfico valiosas testemuñas da nosa cultura tradicional e que coas actividades programadas poderemos coñecer, valorar e conservar este rico legado patrimonial.
10ª Andaina Eurocidade 2012 - PRG 19
O próximo domingo 30 realizarase a décima Andaina Saudable Eurocidade 2012, "GPR 19", organizada pola Eurocidade Valença - Tui.
O punto de encontro será o Centro Interfederado de Tui (na baixada ao Parador de Tui), ás 09.00 horas (españolas). O percorrido terá unha duración de aproximadamente 4 horas e o grao de dificultade é medio.
Breve descrición:
O PRG 19 ten o seu qm 0 na antiga Ponte Internacional da cidade de Tui, aínda que a saída da andaina será dende o Centro Interfederado, trátase dunha rota circular que nos leva río Miño arriba polo camiño de pescadores ata a parroquia de Caldelas para retornar polo interior do val a través de Baldráns e Paramos.
Ao seu paso pola cidade de Tui seguimos a pegadas do Camiño Xacobeo a Santiago ata chegar á ponte románica sobre o río Louro. Dende alí trazamos unha liña que atravesa a Veiga do Louro entre campos de millo e vides para retomar a beira do río Miño nunha senda por veces sinuosa e estreita que alterna con sombreadas pistas de bo firme, sempre da man do Miño e acompañados polo frescor da fraga.
A Ribeira de Caldelas, fronte ao centenario Balneario de Augas Termais, recíbenos cun frondoso arboredo, mesas de pedra e unha magnífica vista do río Miño. Pode considerarse a metade do camiño. A rota cambia de sentido e retornamos cara Tui entre piñeiros e pequenos núcleos de poboación sen deixar de visitar o Muíño do Fuchaco, un exemplo valiosísimo de restauración e conservación do patrimonio etnográfico galego.
Esta andaina forma parte tamén das actividades das "Xornadas Europeas de Patrimonio" que nos inicios de outono celebran máis de trinta países de Europa, celebración á que o Concello tudense se une nos últimos anos e que neste ano en España están dedicadas ao tema "Arquitectura e paisaxe rural", elementos que poderemos contemplar ao longo do percorrido desta andaina.
A AULA CEMIT DE TUI ACOLLE UN NOVO CURSO : "PRODUCCIÓN AUDIOVISUAL" DO 1 AO 23 DE OUTUBRO
A aula da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica da Xunta de Galicia, Rede CeMIT, do Concello de Tui acolle do 1 ao 23 de outubro un novo curso de formación dirixido a todas as persoas interesadas nos novos ámbito profesionais arredor das novas tecnoloxías e as redes sociais neste caso sobre "Producción audiovisual".
Curso: Producción audiovisual
Datos Xerais
Nivel: Básico
Prazas: 13
Número de horas: 60
Datas: 1 ao 23 de outubro de 2012
Horario: 16,00 a 20,00 h.
Descrición: Con este curso de 60 horas preténdese que os participantes viaxen por todas as fases polas que pasa calquera produto audiovisual centránse especialmente na parte de edición de audio e de vídeo. Empregarase e ensinarase aos participantes todo o relacionado coa ferramenta de software libre Ligthworks, o máis avanzado editor e compositor de vídeo non lineal e Audacity para a edición de audio. A actividade está dirixida a todos aqueles que desexen obter unha preparación específica para incorporarse a un posto de traballo dentro dunha produtora, distribuidora ou canle de televisión, e a aqueles que desexen mellorar ou actualizar a súa formación neste sector, como preparación para desempeñar postos de responsabilidade. O curso iníciase con coñecementos básicos e abrangue todo o proceso para o desenvolvemento da produción de calquera produto audiovisual.
Inscrición: O curso é gratuíto. Se o interesado é usuario da Rede CeMIT, poderá inscribirse a través da web aulascemit.xunta.es/inscripcion e poderá seguir o seu proceso de reserva de praza; se aínda non é usuario da Rede CeMIT ou accede por primeira vez, debe achegarse á aula CeMIT (antigo Telecentro) de Tui, situada na rúa Colón, 2 (Edificio Área Panorámica - primeiro andar), co seu DNI e formalizar o proceso de inscrición como usuario da Rede para poder preinscribirse en calquera curso de Programa de Formación 2012.
Para o Concello de Tui esta nova actividade amplía a oferta de formación que promove o Concello de Tui coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia para favorecer a formación en novas especialidades e materia que atopan demanda no mercado laboral.
O CONCELLO DE TUI PROMOVE O PROGRAMA "CAMBIO DE SENTIDO" PARA OS FUTUROS CONDUTORES
O Servizo de Prevención de drogodependencias oferta este programa ás autoescolas da localidade
O Servizo de Prevención en drogodependencias e outras condutas aditivas da Concellería de Servizos Sociais do Concello de Tui, que dirixe a concelleira Olga Montes Moldes, promove o programa "Cambio de sentido" que oferta a todas as autoescolas radicadas na nosa localidade. Mediante este programa, destinado aos mozos e mozas de entre 16 e 25 anos que están sacando o permiso de conducir, preténdese evitar o consumo de drogas e alcohol á hora de conducir un vehículo.
Para conseguir o seu obxectivo está previsto desenvolver xornadas formativas nas autoescolas nas que se abordan temas como a seguridade viaria, o alcohol e outro tipo de drogas ao volante, a ilusión de invulnerabilidade que provocan, o uso e o abuso de bebidas, a gradación destes produtos e as taxas de alcoholemia permitidas para a condución, os medicamentos e tamén a lexislación vixente na actualidade.
É necesario incidir neste segmento de idade, sinalan no Servizo de Prevención, posto que son moi vulnerables, debido a que son condutores inexpertos, consomen elevadas cantidades de alcohol na fin de semana e teñen unha conduta desinhibida.
Os alumnos incorporados ao programa reciben un "Manual do alumno", que contén información relevante sobre a seguridade viaria e o impacto nela do consumo de alcohol e outras drogas e un manual de peto. Tamén recibirán material informativo, específico de drogas e a súa problemática.
GUSTAVO RODRÍGUEZ PARTICIPOU NA FIN DE SEMANA PASADA NO CAMPIONATO DO MUNDO DE DUATLÓN
O deportista tudense Gustavo Rodríguez, participou a pasado fin de semana no Campionato do Mundo de Duatlón, na localidade francesa de Nancy.
O ex-ciclista profesional, que cambiou de modalidade deportiva ao duatlón e triatlón hai dous anos, acadando o Subcampionato de España de Duatlón no pasado mes de maio, obtivo a posición 27ª nesta proba mundial, na que os deportistas teñen que correr 10 qm, competir en bici 40 qm. e percorrer outros 5 qm. correndo ata a liña de meta.
O Concello de Tui, a través do seu concelleiro de deportes - Nicolás Lorenzo Montes- felicita a "Tavo" pola participación nesta proba mundial e por levar o nome da nosa cidade aos eventos máis destacados da súa especialidade deportiva.
ASINADO O CONVENIO PARA IMPARTIR NA AULA DA UNED DE TUI O PRIMEIRO CURSO DE GRAO DE PSICOLOXÍA
O pasado venres, 21 de setembro, na sede do Centro Asociado da UNED de Pontevedra, celebrouse a firma do convenio para o comezo do primeiro curso de grao da carreira de Psicoloxía, na aula universitaria da UNED en Tui.
O convenio foi asinado pola directora do Centro da UNED de Pontevedra, profesora Beatriz Rodríguez González, en representación do Padroado do Centro, o alcalde de Tui, Moisés Rodríguez Pérez, acompañado pola concelleira de Cultura e Educación, Vanesa Rodríguez Pereira.
O comezo de Psicoloxía na aula Universitaria de Tui, facilitará, aos alumnos da zona de influencia da cidade fronteiriza, asistir ás clases presenciais desta carreira na aula, en horario e día que se informará oportunamente.
A matrícula realízase exclusivamente por Internet á dirección http://www.uned.es até mañá martes día 25 para os estudantes que se matriculan por primeira vez, sendo este prazo improrrogable, e até o 18 de outubro para os restantes alumnos da UNED.
No mesmo acto foi asinado tamén o acordo para impartir o grao en Administración e Dirección de Empresas na Aula da UNED de Lalín.
INICIO DA LIGA DE FÚTBOL SALA SAUDABLE
Máis de 250 xogadores participan nesta actividade non competitiva
Un ano mais o Concello de Tui pon en marcha a "Liga de Fútbol Sala Saudable", na que mais de 250 xogadores pertencentes a 20 equipos disputarán partidos no pavillón deportivo do IES San Paio.
A importancia de esta actividade é o seu carácter non competitivo, xa que non se ten en conta os resultados obtidos e tampouco se fan clasificacións. O que se pretende ca actividade é facer exercicio físico xogando ao fútbol sala.
Este ano, contamos con dous equipos de Valença do Minho e para o próximo ano pretendese facer a Liga de Fútbol Sala Saudable da Eurocidade, xogando partidos nas dos cidades.
Esta actividade enmárcase dentro das actividades do Plan Galicia Saudable, cuxo obxectivo é a loita contra o sedentarismo e a obesidade mediante o aumento da actividade física entre toda a poboación. Dentro do Plan tamén enmarcáronse este ano as "Andainas Saudables Eurocidade 2012", así como a "II Travesía a Nado Eurocidade 2012", amais doutras accións deportivas.
A Concellería de Deportes sigue apostando un ano máis por esta actividade, na que de luns a venres, dende outubro a xuño, xogaranse máis de 300 partidos. Para Nicolás Lorenzo Montes a promoción do deporte afeccionado é un dos principais obxectivos desta concellería de deportes, entendida como unha practica que favorece a saúde e os valores sociais e mesmo é unha alternativa ao lecer dos nosos cidadáns.
ALTA PARTICIPACIÓN NO FORO PARA IGUALDADE ORGANIZADO POLO CEDIM DE TUI

O Foro para a Igualdade que se celebrou este mércores día 26, na Área Panorámica de Tui, cumpriu co seu obxectivo de ser un espazo aberto no que se puxeran en común as necesidades ás que se enfronta a muller da nosa comarca para acadar a igualdade. Este foro estivo organizado polo Centro de Atención Integral ás Mulleres (CEDIM) de Tui integrante da Rede Transfronteiriza de Centros de Dinamización Integral para as Mulleres na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal. Este proxecto europeo está cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional a través do Programa de Cooperación Transfronteiriza entre España e Portugal 2007-2013.
Xunto aos técnicos do CEDIM encargados de conducir o Foro, o número de participantes foi de 31 persoas, representando ámbitos moi diversos coma persoal técnico vinculado á administración pública: servizos sociais, servizos de atención á muller, servizos de emprego, de xuventude ou cultura; representantes de diferentes asociacións: veciñais e culturais, de persoas con discapacidade, de mulleres e comerciantes; persoal do mundo do ensino e xente que asistiu a título particular.
Nos diferentes grupos de traballo (área sociolaboral, cooperación institucional e necesidades en xeral) ademais de detectar as necesidades, tamén se propuxeron solucións para as propias necesidades ou problemas aos que se enfrontan as mulleres.
Con este material estase traballando para crear un Plan de Dinamización dos Centros CEDIM, que permita traballar nas áreas detectadas e que sexa aplicable para todas as Institucións, para así poder ofrecer mellores servizos ás mulleres.
A concelleira de servizos sociais, Olga Montes Moldes, agradece a participación dos diversos axentes sociais e interesados que se achegaron ata este Foro e que enriqueceron o traballo participativo realizado.
O VINDEIRO LUNS O CONCELLO DE TUI RECUPERA O SEU ARQUIVO HISTÓRICO
Depositado no A.H.P. de Pontevedra dende 1943 conten documentación dos séculos XVI - XIX
O vindeiro luns, 1 de setembro, se procederá ao traslado da documentación histórica do Concello de Tui dende o Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra ao Arquivo Municipal tudense. Unha empresa especializada procedera ao transporte da documentación que supón que a nosa cidade recupere a súa documentación histórica depositada no arquivo pontevedrés dende o ano 1943.
Esta documentación consta de 145 libros, de entre os anos 1597 e 1834, en soporto papel e encadernados en pergameo. Deles, 115 corresponden aos acordos e catas ordes de 1597 - 1775; 5 libros co documentación varia de 1705-1771; 16 libros de copias das actas da Xunta do Reino de Galicia entre os anos 1608 e 1834 e 3 libros Reais do Catastro do Marqués da Ensenada da cidade de Tui e freguesía de San Xurxo de Saiáns.
Está previsto que unha vez culminado o proceso técnico de incorporación destes fondos documentais ao Arquivo Municipal tudense se organicen unhas xornadas de portas abertas neste servizo municipal para achegar á cidadanía esta documentación e facilitar o coñecemento deste importantísimo legado documental polos cidadáns de Tui mediante unha exposición didáctica deste legado histórico que agora retorna definitivamente á nosa cidade.
Este proceso de recuperación da documentación histórica da cidade fora iniciado pola Xunta de Goberno do Concello tudense que no ano 2005 solicitara a devolución desta conxunto documental do arquivo municipal tudense. Dado o informe favorable da Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia "unha vez que o arquivo municipal de Tui dotouse de instalacións axeitadas para albergar esta documentación e de persoal técnico para facerse cargo da custodia e difusión desta documentación" o Ministerio de Cultura, en virtude do convenio existente sobre a xestión dos museos e arquivos de titularidade estatal que regula os aspectos relativos ao ingreso, depósito e control do movemento de bens custodiados en ditos arquivos, acordou autorizar definitivamente o traslado destes fondos documentais aos arquivo municipal tudense. Asi o Director Xeral do Libro, Arquivos e Bibliotecas do Ministerio de Cultura autorizou con data 21 de decembro pasado o traslado definitivo da documentación histórica do Concello de Tui, depositada dende o ano 1943 no Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra, ao Arquivo Municipal de Tui. Esta decisión que lle corresponde ao Ministerio como titular do arquivo provincial ven precedida do informe favorable da Consellería de Cultura como entidade á que lle compete a xestión desta documentación.
Para o Alcalde de Tui, Moisés Rodríguez Pérez, esta noticia é unha grande satisfacción pois da cumprimento a unha vella reivindicación do Concello de Tui que anelaba recuperar a documentación histórica do seu arquivo municipal trasladada ao Arquivo Histórico Provincial hai case setenta anos. Coa recuperación desta documentación o Arquivo Municipal enriquece os seus fondos documentais con este material, ata agora escasamente coñecido, e imprescindible para o coñecemento da historia da nosa cidade.
A culminación deste proceso, engade o alcalde tudense, é froito do esforzo do Concello en dotar de axeitadas condicións ás instalacións arquivísticas, crear unha sala de investigadores e dotar ao arquivo do persoal técnico preciso. Moisés Rodríguez agradece o apoio da Xunta de Galicia, dos diversos Conselleiros de Cultura, do persoal técnico do Servizo de Arquivos e da dirección do Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra, que conxuntamente con este Concello de Tui dende o ano 2005 teñen traballado con intensidade para lograr este obxectivo.
Este domingo ás 11h entréganse os premios do I Concurso de Decoración de Balcóns do Conxunto Histórico
O acto forma parte do programa 150 anos da Praza do Pracer
Este domingo ás 11h da mañá serán entregados os premios correspondentes ao I Concurso de Decoración de Balcóns e Ventás do Conxunto Histórico de Tui que promoven as concellerías do Conxunto histórico e de Parques e xardíns, coa colaboración das florerías tudenses "La Flor" e "Rita" e a "Fototeca-Estudio".
O acto forma parte do programa previsto este domingo co gallo da celebración do 150 aniversario da Praza do Pracer.
Segundo recollen as bases este certame "pretende chamar a atención sobre a contribución que os cidadáns residentes neste ámbito histórico poden realizar á mellora estética das diversas rúas e prazas, incrementado a calidade ambiental. A ornamentación de balcóns e ventás testemuña a implicación dos veciños no incremento da calidade estética deste espazo patrimonial e incrementa o seu valor". O xurado estivo formado polos concelleiros delegados de Parques e Xardíns e Conxunto Histórico, un técnico do ARI, representantes das florerías La Flor e Rita, e da Fototeca-Estudio, e o director da RMT. Na súa decisión tiveron en conta o estado de conservación e mantemento do balcón, orixinalidade da ornamentación e a innovación dos elementos accesorios, harmonía no crecemento das plantas, combinación de cores e o seu valor estético, así como a variedade, calidade, perdurabilidade e innovación dos elementos vexetais.
O primeiro premio recaeu en Ana Belén Rodríguez Domínguez, que recibirá diploma, cheque de 200€ e cheque de compra de plantas e materiais de xardinería por valor de 100€ en Floristería La Flor.
O segundo premio é para Fermina Rodríguez, que recibirá diploma, cheque 100€ e cheque de compra de plantas e materiais de xardinería por valor de 75€ en Flores Rita.
E o terceiro premio é concedido a Adoración Valenzuela Rodríguez que recibirá diploma, cheque de 50€ e cheque de compra de plantas e materiais de xardinería por valor de 50€ en Flores Rita.
Amais estableceuse un Premio Especial ao mellor establecemento de hostalería que foi concedido a Julián Ramírez Sánchez de Jaqueivy, que recibirá diploma e cheque de compra de plantas e materiais de xardinería por valor de 60€ en Floristería La Flor.
Os Concelleiros de Parque e Xardíns, Olga Montes, e do Conxunto Histórico, Nicolás Lorenzo, agradecen a participación dos cidadáns nesta iniciativa que busca tanto a promoción do conxunto histórico, como a súa conservación e embelecemento. Ao tempo queren felicitar aos premiados polo seu traballo.
As fotografías dos balcóns premiados e dos participantes neste Concurso están expostas na Oficina de Turismo na Praza de San Fernando.
|
 |
|
|