Jornal Digital Regional
Nº 590: 2/8 Jun 12
(Semanal - Sábados)






Email Assinaturas Ficha Técnica Publicidade 1ª Pág.
Cultura Desporto Freguesias Óbitos Política Pescas Roteiro

Júlia Paula quer avançar com acção judicial
para receber dinheiro do ferry

Presidente da Câmara de A Guarda pede cordialidade no relacionamento com a sua homóloga de Caminha

No concelho de A Guarda reina a estupefacção perante o anúncio de que a Câmara de Caminha pretende resolver pela via judicial uma alegada dívida de 1,4 milhões de euros do município guardés relativa à gestão do ferry-boat Stª Rita de Cássia, desde o ano 2000 até final do ano passado.

O alcaide guardés, Domínguez Freitas, mostrou-se surpreendido com o recurso à via judicial evidenciado por Caminha, quando ainda no passado dia 21 de Maio, dois dos seus vereadores estiveram reunidos com Flamiano Martins e Mário Patrício e outros responsáveis administrativo-financeiros, precisamente para discutir o assunto do pagamento das tranches acordadas e outros pormenores relacionados com o funcionamento da carreira, e nada lhes ter sido dito sobre a acção judicial.

Apesar desta posição do executivo caminhense, Domínguez Freitas mantém uma postura de diálogo e cordialidade no relacionamento com a sua homóloga portuguesa (Júlia Paula), embora assegure que recorrerá da acção eventualmente interposta por Caminha. Será de prever, que a confirmar-se o conflito judicial, a decisão final só decorrerá dentro de alguns anos.

Perante este posicionamento de Júlia Paula e seu executivo, o alcaide galego admite que "alguém está a dar passos equivocados" e rejeita e possibilidade de encerramento da carreira após a vistoria ao barco prevista a partir do dia 6 de Junho, segundo terá ameaçado a câmara de Caminha

Esta vistoria, que decorrerá nos estaleiros de A Pasaxe, prende-se com a necessidade de obter o certificado de navegabilidade do ferry-boat que caduca precisamente nesse dia.

Face a mais este percalço no atribulado percurso do ferry-boat, o município galego emitiu o seguinte comunicado:

Demanda xudicial interposta pola Cámara de Caminha
contra o Concello de A Guarda

En días pasados tivemos coñecemento da demanda xudicial interposta pola Cámara de Caminha contra o Concello de A Guarda reclamando, en relación co ferri, unha débeda de máis de 1.400.000 euros, xenerada entre os anos 2000 e 2011. Na mesma demanda a Cámara de Caminha resérvase o dereito a suspender a actividade do ferri ata que se pague a débeda.

Como xa manifestamos noutros comunicados de prensa, foi este equipo de goberno quen, na lexislatura anterior, abordou este asunto da débeda con Caminha e quen no 2010, despois das reunións precisas, acordamos un plan de pagos da débeda que tiñamos dende o 2006. Por iso lle pagamos 116.000 euros no 2010 e 133.000 no ano 2011. A lexislación española contempla a prescripción de débedas transcorridos catro anos.

O acordo foi respectado ata decembro do ano pasado no que non poidemos, por falla de liquidez, aboar a anualidade comprometida. Pero as autoridades caminhenses saben, porque llo dixemos nas dúas últimas reunións, que nos primeiros días de xuño imos pagarlles outra anualidade. O Concello de A Guarda cumple o pactado na medida das nosas posibilidades e dos tempos económicos polos que pasamos.

Hoxe, a través da prensa portuguesa temos coñecemento de que a Cámara de Caminha non garante que o ferri, despois da revisión que ten que pasar en xuño, funcione de novo se non se pagan os atrasos por parte de A Guarda.

Non entendemos a nova ameaza da Presidenta da Cámara, despois das que producíu noutras ocasións. Podemos entender que reclame xudicialmente a débeda anterior ó 2006, pero non as cantidades posteriores a ese ano nas que acadamos un acordo e que estamos a pagar facendo moitos esforzos. E rexeitamos a ameaza de suspender o ferri. Se o que pretende é que en trinta días lle paguemos todo, xa ten unha boa disculpa para paralo.

En ocasións anteriores apelamos á cordura e a traballar todos xuntos polo futuro do ferri; da toda a impresión que non todos remamos no mesmo sentido e que alguén, ó mellor sen pretendelo, está a dar pasos equivocados.

A Guarda, 30 de maio de 2012

O Alcalde,
José Manuel Domínguez Freitas

Entretanto, face ao impasse da decisão do Governo de Espanha sobre a operação de manutenção do canal do ferry-boat, o Bloco Nacionalista Galego emitiu o seguinte comunicado:

O BNG denuncia que a falta de compromiso do Goberno español pon en perigo o ferry da Guarda

"Nin PSOE nin PP amosaron nunca un gran interese por poñer en valor o río e manter a infraestrutura do ferry"

O BLOQUE NACIONALISTA GALEGO ve con preocupación as noticias que están saíndo nos medios de comunicación sobre o posíbel peche do servizo de ferry entre A Guarda e Caminha.

Para o BNG a falta de compromiso do Goberno español e doutras institucións públicas na busca dunha saída que garanta o servizo, está a pór en perigo esta vía de comunicación fluvial.

O BNG leva anos reclamando un proxecto integral que teña en conta a riqueza ambiental e agropecuaria do río Miño.

Para o BNG resulta chamativo a falta de interese que amosa o PP dende a súa chegada ao Goberno español, rexeitando as emendas presentadas polo BNG aos orzamentos 2012 para que se inclúan partidas para os dragados e a modernización do ferry A Guarda- Caminha.

Asemade, o BNG quere manifestar a falta de transparencia que está a practicar o alcalde da Guarda ante esta situación, non informando aos grupos da oposición sobre os acordos acadados coa Cámara municipal de Caminha. Logo, pídese unidade de acción por parte do grupo do PSOE sen que eles a practiquen.

"O PSOE e o PP nunca amosaron grande interese por poñer en valor o río e manter a infraestrutura do ferry. Sendos partidos gobernaron en Madrid e ningún demostrou ter interese por solucionalo" comentou Xan Lois Lomba, portavoz municipal do BNG.